You are hereVIAXE A ALLARIZ 3º DE PRIMARIA

VIAXE A ALLARIZ 3º DE PRIMARIA


By caloto - Posted on 22 Xuño 2017

O día 14 de Xuño o alumnado de terceiro visitamos Allariz. Alí realizamos moitas visitas e pasámolo moi ben.

A primeira hora da mañá chegamos o ecoespazo o rexo, unha granxa na que vimos como se coidaban as cabras, unha lagoa con ras e diferentes insectos, un burro, carneiros, etc. Ademais explicáronnos a importancia de coidar o medio ambiente e que existían especies en perigo de extinción por culpa da contaminación. Rematamos a visita vendo como se elaboraba o queixo, probando un anaquiño e despedíndonos dos cans que se fixeran amigos nosos durante a visita.

O saír do ecorrexo o autobús levounos a un merendero o carón do río, onde comimos e xogamos a diversos xogos, tres en raia, memoriun, policías e ladróns, etc.

Continuamos recorrendo unha das calles do centro de  Allariz para chegar a dous museos, que nos presentou unha guía. O primeiro museo era o de xoguete; alí observamos moitos xoguetes antigos. O segundo o museo de monda onde se nos explicou o proceso de realización do liño e a continuación pasamos por unha pasarela con diferentes vestidos de liño que nos prestaron no museo, foi divertidísimo!!!

Para rematar unha merenda o carón do río e un xeado para refrescarnos. E volta para a casa despois dun gran día cos nos@s compañeir@s de clase!!

Acceso ao álbum

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar