Os nenos/as de 4 anos celebramos o día do amor elaborando unha manualidade como é un brazalete. A nosa titora anteriormente contounos dous contos que aquí vos deixamos.
O venres 7 de Febreiro o alumnado de 6º de primaria sorprendéronnos en infantil co conto e a canción que levaron á gardería para conmemorar o día da Paz.
Temos que dicir que estivo moi ben e que repetiremos.
Álbum: Educación Infantil: 4 anos -> VISITA PEIXARÍA
Hoxe día 5 de Febreiro; os nenos/as con motivo do "Proxecto do Mar"; realizamos unha visita ao Eroski para profundar no tema do proxecto: animais mariños, características dos peixes, tipos de peixes e nomes, como chegan os peixes ás nosas casas,...
Hoxe a aula de 4 anos recibimos uns novos compañeiros de viaxe, cos que nos mergullaremos nas profundidades do noso proxecto, e cos que continuaremos a nosa aprendizaxe.