Skip to Content

Taboleiro de anuncios

PATIO DO CENTRO

Á volta do Entroido os nenos e nenas do centro atopáronse cunha gran sorpresa. O noso patio cheo de xogos: marola, 3 en raia, baila comigo, espello, circuíto de pés, twister,...para que os recreos sexan máis divertidos.

Este proxecto é un proxecto de toda a comunidade educativa que a traves da ANPA e a Fundación La Caixa fixo posible que os nosos nen@as o podan disfrutar.

 

 

MEDIDORES DE CO2 PARA COMPROBACIÓN DA VENTILACIÓN

No día de hoxe no centro xa gozamos de medidores de CO2 e están xa en funcionamento nalgunhas das nosas aulas, así como no comedor. Comprobándoos ao longo do día dan que estamos a levar a cabo unha boa ventilación no centro.

 

DESINFECCIÓN COMEDOR E COCIÑA

Onte 25 de xaneiro procedeuse á limpeza e desinfección do comedor e cociña do centro. Para garantir a saúde dos alumn@s e profesionais do centro.

 

AVISO: COVID 19

Debido a unha publicación en prensa no día de hoxe, o Equipo directivo e o Equipo Covid do Ceip de Teixeiro queren aclarar que non se deu ningún caso positivo de Covid 19 no noso centro dende que comezaron as clases o día 10. De darse algunha novidade o respecto será informada a Comunidade Educativa.

 

Un saúdo.

MELLORAS NO CENTRO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut