Skip to Content

Menú

PROGRAMA ESCOLAR DE FROITA E LEITE NA ESCOLA

O noso centro solicitou a participación, neste curso 2023-2024, no Programa escolar de suministro de froitas e leite, coa concesión de axudas da Unión Europea, do FOGGAA actividade está encamiñada a promover hábitos de alimentación saudable.

O alumnado recibirá froita, diaramente na hora do tentempé, durante 10 días consecutivos, comezando despois das vacacións de Entroido.

A distribución do leite comezará na última semana de xaneiro (comezando o martes) e extenderase durante 20 días lectivos. Proporcionaranse dende o colexio vasos de cartón para o alumnado.

As froitas frescas que se consumirán serán de tempada e o leite de marca 100% galega.

MENÚ DE FEBREIRO

Dende este mes, contamos coa colaboración da Consellería de Sanidade, para poder avaliar os menús escolares do noso colexio.

Ao descargar o menú, veredes que está avaliado e firmado polo profesional Jacobo Fernández Currás, nutricionista do Sergas.

 

 

VARIACIÓNS NO MENÚ

Mañá 16 de xaneiro seguirase servindo o segundo prato en abundancia, de sobremesa iogur e froita e a comida en pratos de cartón.

Desculpade as molestias.

Un saúdo.

VARIACIÓNS NO MENÚ

Bos días!

 

O pasado venres e hoxe, houbo variacións no menú.

O venres serviuse soamente o segundo prato, máis cantidade, e de sobremesa iogur de vainilla.

Hoxe servirase igualmente o segundo prato, abundante, laranxa e unha chocolatina.

Estes dous días úsanse pratos de cartón.

Desculpade as molestias, axenas ás nosas competencias.

Un saúdo.

MENÚ XANEIRO 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut