Skip to Content

Información sobre Contratos Programa

OBRADOIROS CIM

Álbum: Curso 23-24 -> Obradoiros CIM

O pasado xoves o alumnado de 6º de EI e 4º de EP participou en diferentes obradoiros organizados polo CIM do concello co fin de traballar sobre a igualdade de xénero.

ACTIVIDADE 25N

As nenas e nenos de 1° e 5° curso teñen claro o que SI queren e o que NON aceptan. Para conmemorar o 25N levaron a cabo esta actividade tan positiva.

CONGRESO INCLUSIÓN EDUCATIVA

(Pinchade na imaxe para ampliar)

O pasado martes, o Departamento de Orientación do CEIP de Teixeiro participou no "Congreso internacional de educación inclusiva" celebrado en Santiago de Compostela, apostando así por unha formación de cara á inclusión do noso alumnado.

 

PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

Pinchade na imaxe para ampliar

Aquí vos presentamos todos os programas de innovación concedidos neste curso 23-24 nos que estamos a traballar. O noso obxectivo é facer deste centro un espazo cheo de posibilidades para o alumnado.

FASE LOCAL CROSS EN MONFERO

Álbum: Curso 23-24 -> CROSS MONFERO

Este venres, 24 de novembro, o alumnado de 2º a 6º de Primaria participou na fase local de Cross, a través do programa XOGADE, de deporte escolar.

Nesta ocasión compartimos a actividade con algúns centros educativos da comarca: CEIP Vales Villamarín de Betanzos, CEIP de Cesuras, Oza dos Ríos, Sobrado dos Monxes e o IES Francisco Aguiar.

Distribuir contido


by Dr. Radut