Skip to Content

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

DÍA DA NAI (5 de Maio 2019)

Os nenos e nenas de Educación Infantil agasallaron as súas mamis cunha flor. Os de 3 anos ata a bautizaron como "Flor Kandinskyana" por tratarse dunha flor semellante a unha obra do pintor Kandinsky (Obra: "Círculos Concéntricos)

                   

 

VISITA MUSEO BELAS ARTES DA CORUÑA

O xoves 3 de maio os cursos de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Esta actividade estivo relacionada co Proxecto "Pequenos Pintores".

Fomos recibidos por monitores que nos ensinaron moito sobre as obras que ten o museo.

Rematamos cuns talleres moi divertidos.

FAI CLIC NA IMAXE

DEPORTE ESCOLAR

Os días 12, 20 e 26 de Marzo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria participaron no campeonato comarcal de voleibol.

  • O día 12 de marzo a competición tivo lugar no noso cole CEIP de TEIXEIRO.
  • O día 20 de marzo acudimos o CEIP de PRÉSARAS.
  • O día 26 de marzo celebrouse no CEIP de CESURAS.

As xornadas de convivencia consisten en partidos entre os distintos colexios anteriormente citados e despois xantar nos comedores escolares destes centros educativos.

A continuación deixamosvos unhas fotos para que lles votedes un vistazo.

Un saúdo e ata a próxima.

FAI CLIC NA IMAXE

ANIVERSARIOS 4 ANOS (2º trimestre)

Como xa comentamos noutra entrada na web o último venres de cada mes celebramos na escola os aniversarios dos nenos/as que estiveron de cumple ese mes . Os nenos/as trouxeron tortas, zumes e bombóns para facer unha festa na aula e sopramos as velas cos nosos compañeiros/as.

CANTAMOS E BAILAMOS, PASÁMOLO XENIAL!!

se queres ver os deste 2º trimestre FAI CLIC NA IMAXE

Distribuir contido


by Dr. Radut