Skip to Content

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Álbum: 1.2 Excursións e saídas -> EXCURSIÓN FINAL CURSO 6º PRIMARIA

O pasado martes 8 de xuño, o alumnado de 6º de Primaria fixo unha saída ao centro multiaventuras Roqsport de Viveiro con motivo do remate do seu paso polo cole.

Alí participaron en diferentes actividades como o circuito de tirolinas e orientación.

Foi unha xornada chea de aventuras e diversión.

MATRÍCULA 1º ESO

Achégase arquivo coa Información referida á Matriculación no 1º Curso da ESO, no IES de Curtis. A data preferente de matrícula vai do 1 ao 2 de xullo.
Lémbrase que na conserxería do centro poderán recoller o sobre de matrícula con toda a documentación necesaria, ademáis da posibilidade de descargar os mesmos nesta web e na do Centro.

MATRÍCULA ALUMNADO DE 3 ANOS

 

  • Prazo de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
  • Día 21 en horario de secretaría ( de 09.30h a 10.20h e de 13.45h  a 14.30h).
  • Do 23 (incluído)  ao 30: de 10:00 h a 12:00h.

 

 Documentación:

 

ANIVERSARIOS 5 ANOS MES DE MAIO

 

Xa acabando o curso pero continuamos celebrando os últimos cumpreanos. Non por ser os últimos son menos intensos xa que seguimos elaborando a nosa tarta e agasallando o que cumpre, en este caso a Nicolás, cun dossier cos noso debuxos. Como sempre él convidounos a unha caixa de galleta UMMMM que ricas estaban!!!

Que ben o pasamos!!!!

 

Publicación das Listaxes definitivas do curso 21/22.

O día 13 de maio publicamos no taboeiro de anuncios do interior do Centro, a listaxe definitiva de admitidos e non admitido. Non houbo variacións respeto a listaxe provisional.

Distribuir contido


by Dr. Radut