Skip to Content

COMEZO NOVO CURSO 2022/23.

A partires do día 1 de setembro o Centro permanecerá aberto. O horario de Secretaría será de 12:00h a 14:00h. As clases darán comezo o dia 12 de setembro. 

Iremos informando das datas das reunións de principio de curso e outros datos na páxina web e poñéndose o Centro en contacto coas familias.

Un saúdo.

FAMILIAS COLABORADORAS NO COMEDOR

Aquelas nais ou pais que desexen colaborar no comedor escolar no vindeiro curso 22/23 deberán entregar a seguinte documentación do 1 ao 8 de xullo en horario de secretaría (de 10 a 12):

Documentación colaboración comedor

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2022-2023

PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA DE COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO 2022-2023:

DO 1 DE XULLO AO 8 DE XULLO (AMBOS INCLUÍDOS)

Para formalizar a praza todo o alumnado usuario de comedor (Infantil e Primaria) ten que entregar a seguinte documentación en horario de secretaría de 10 a 12 horas.

Pinchade no enlace para descargar ou pedide unha copia no centro.

MODELO AUTODECLARACIÓN

Tedes no seguinte enlace as instrucións publicadas na páxina web da Xunta de Galicia:

INSTRUCIÓNS

IMPORTANTE: 

A renda neta per cápita familiar obterase comoresultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2021.

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto,a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

                                     casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

As aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar aparecen recollidas nas instrucións anteriores.

PUBLICACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Os prazos para o procedemento do fondo solidario de libros de texto e material escolar é o seguinte:

  • 1 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 4 E 5 DE XULLO: RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL.
  • 6 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO TABOLEIRO DO CENTRO.
  • 7 E 8 DE XULLO: ENTREGA DE VALES EN HORARIO DE 10.00 A 12.00.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Álbum: Curso 2021-22 -> Visítanos Laura

Neste final de curso tivemos unha visita moi especial. Con Laura aprendemos un pouco máis sobre a diversidade funcional e o trastorno do espectro do autismo (TEA), e ensinounos a ver a vida doutro xeito. Tod@s sumamos!

Distribuir contido


by Dr. Radut