Skip to Content

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

O pasado sábado 13 de maio, algúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP, participaron no Campionato provincial de tenis de mesa, que se disputou durante todo o día no concello de Zas. Os resultados foron fenomenais. Trouxemos 3 trofeos e medallas para todos e todas.

Temos que felicitar tamén a todos e todas os nenos e nenas que participaron no Campionato intercomarcal que se celebrou en Narón. Está o resumo na sección de EF, dentro de XOGADE.

O equipo de alevín masculino de 6º EP, quedaron en 2ª posición.

Os outros dous equipos de 5º EP alevín feminino e masculino quedaron en 4ª posición.

Noraboa a todos e todas. VER FOTOS

 

 



page | by Dr. Radut