Skip to Content

INSTRUCIÓNS RESERVA DE PRAZA AO CENTRO ADSCRITO

Segundo as INSTRUCIONS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN, recollidas na disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022 comunicámoslles a apertura do prazo para a presentación de solicitude co código de procedemento ED550A para cambio dun centro a outro ao que se está adscrito.

 Isto afecta ao alumnado de 6º de E. Primaria que desexen cursar a ESO no IES de Curtis, que é o instituto ao que este centro está adscrito.

 O prazo é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 ambos incluídos.

 As familias terán que entregar a solicitude de reserva de praza en horario de secretaría no centro de orixe (no CEIP de Teixeiro) : Anexo I documento adxunto 

Ou ben poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

 


page | by Dr. Radut