Skip to Content

MIRADE O QUE NOS DEIXARON OS REIS MAGOS

 

Xa fai un días comezamos este segundo trimestre. A volta á escola veu marcada polas épocas navideñas e nas aulas non se falaba doutra cousas. Que si Papa Noel entra por unha chimenea…. Que si os Reis Magos viñeron e comeron as galletas todas… Que si o apalpadou deixoume unha morea de castañas…

             

Pois ben, no noso regreso ás aulas vimos que nos chegaran uns agasallos ao cole. En cada clase había un libro para desfrutar da lectura neste 2021. Seica os Reis Magos os deixaron a través da ANPA. Mirade cantos libros novos para que a nosa biblioteca siga medrando:

             

Tamén a ANPA nos quixo agasallar con outro libro máis, estamos desexando lelos todos:

 

 

Dende o colexio queremos agradecer este agasallo da ANPA e tamén lles queremos agradecer que axudasen ás súas Maxestades de Oriente a entregar todos os agasallos que tiñan para nós.

Pero aquí non remata todo, seica teñen outra sorpresa!! Algo se comentou de que o noso patio será pintado con xogos. Estamos emocionados de ver que vai pasar nestes meses que nos agardan.

Grazas.



page | by Dr. Radut