Do 9 ao 13 de marzo, celebramos a Semana da Prensa. Para traballar este tema, ademais das actividades a nivel de titoría, quixemos transformar un recuncho do cole no noso quiosco. Alí xogamos a vender e mercar prensa e sobre todo a reflexionar da importancia desta canle de comunicación que nos permite estar informados e pasar momentos divertidos.