Skip to Content

RETOS "EU QUEDO NA CASA"

Queridas familias tendo presente que son tempos difíciles, todo o claustro, plantexaremos unha serie de retos para facer a estancia na casa máis lúdica e levadeira. Polo que, cada certo tempo, propoñeremos unha serie de retos (sempre voluntarios) a todas as familias que consistirán en lembrar datas sinaladas no calendario.

Simplemente vós desde casa debedes enviar unha foto do reto que se vos expoña ao correo: todovaisairbenceipteixeiro@hotmail.com indicando no asunto o nome do alumno/a e o curso.

Coas fotos elaboraremos vídeos, murais,...que poderedes ver na web como resultado do traballo de todos/as.

Dispoñeredes para iso dunha semana desde o día que se expón. Despois deberedes darnos prazo a nós para montalo, subíndoo canto antes para que sexa visto por todos vós.

Tendo en conta que nalgunha semana coinciden varias conmemoracións, todas elas serán plantexadas, podendo elexir e sendo voluntarias.

 

COMEZAMOS OS DESAFIOS!!! ANIMÁDEVOS

 

  • RETO 1: SÍNDROME DE DOWN/ DÍA DA POESÍA (21/3/2020): Hoxe conmemórase o día Mundial do Síndrome de Down así como o día da poesía e queremos celebralo contigo, animámosche a enviar unha foto con dierentes calcetíns ou unha foto cunha poesía galega decorada o teu gusto e incluso inventada por vós. Como vedes son 2 retos data límite de envio 27/3/2020

      

 

 

  • RETO 2: DÍA INTERNACIONAL DA AGUA (22/3/2020): Hoxe conmemórase o día Internacional da Auga, o chamado ouro líquido para a vida dos seres humanos e as especies na Terra. Enviar unha foto o máis orixinal posible destacando a importancia da auga en momentos como estos " lavarse as mans". Data límite de envio 28/3/2020.

 

 MONTAXE RETO 1 E 2

  • RETO 3: "DÍA iNTERNACIONAL DO TEATRO" (27/3/2020): Celébrase o Día Internacional do Teatro e xa que tanto a música, o cine e o teatro están a nos axudar a pasar estos días animámosvos a mandarnos unha foto disfrazado. Data límite de envio 2/4/2020.

 

 

  • RETO 4: "DÍA MUNDIAL DO AUTISMO" (2/3/2020): Para tomar conciencia e dar visibilidade á inclusión das persoas con autismo na nosa sociedade, propoñémosvos colgar das nosas fiestras globos azuis, debuxos de globos azuis ou unha tea ou prenda de cor azul, cor que se identifica co autismo. Data límite de envío 8/4/2020
    • VÍDEOS EDUCATIVOS SOBRE O AUTISMO: 1 / 2 / 3

 

 

  • RETO 5: "DÍA MUNDIAL DA SAÚDE" (07/04/2020): Para celebrar o día Mundial da saúde e para fomentar nas nenas e nos nenos hábitos de vida saudables, propoñémosvos un reto rico e nutritivo. A idea é que nos mandedes foto das nenas e nenos desfrutando dun almorzo saudable…Non esquezades que para que un almorzo sexa saudable hai que engadir froita, lácteos e cereais. Agardamos as vosas fotos! Data límite 13/04/2020.

 

    • VÍDEOS EDUCATIVOS SOBRESAÚDE:1/ 2/ 3/ 4

 

 

 

  • RETO 6: "DÍA INTERNACIONAL DO BICO" (13/04/2020): Hoxe coincidindo co día do bico, propoñémosvos un reto do mais doce e agarimoso. A idea é que mandedes fotos rodeados de bicos, por exemplo pintar bicos e poñer o nome das persoas ás que vos gustaría bicar, escribir sinónimos de bicos, facer un arco con bicos,...estas son algunhas ideas, pero seguro que vos tedes mais. Data límite 19/04/2020.
 

 

Animádevos a mandar fotos co bico como protagonista!!!!

 

 TODO O PROFESORADO TEMOS MILES DE BESOS GARDADOS PARA VOS!!! PERO DE MOMENTO MANDAMOS BESOS VIRTUAIS

ADICAMOSVOS ESTA CANCIÓN

 

 

  • RETO 7: "DÍA DO LIBRO" (23/04/2020): Con motivo da celebración do Día do Libro, animámosvos a compartir connosco, fotos cos vosos libros preferidos, ou libros e contos que estades a ler nestes días. Animar tamén á vosa familia para saír na foto cos seus libros...ou compartindo unha lectura convosco... Data límite 30/04/2020

 

 

 

  • RETO 8: "DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA" (22/04/2020): Con motivo da celebración do Día Internacional da Nai Terra animámosvos a compartir connosco, fotos dende o voso balcón que faga referencia a natureza. Así: Data límite 28/04/2020

 

 

 

  • RETO 9: "DÍA INTERNACIONAL DA DANZA" (29/04/2020): Hoxe celébrase no mundo o día da danza e do baile. Por iso, e sempre pedindo a vosa colaboración, para participar neste reto podedes mandar unha foto ou vídeo (non mais de 20 segundos) bailando ou con algo realacionado con este día. Animádevos a celebrar este día bailando. Así: Data límite 5/05/2020

 

 

 

  • RETO 10: "DÍA DE EUROPA" (09/05/2020): Hoxe tócanos viaxar dende casiña. Para conmemorar este día, pedímosvos que nos mandedes fotos relacionadas con algún pais europeo, xa sexa recordo, un debuxo, unha roupa típica,...o que se vos ocorra. Imos viaxar dende a casa!!! Preparádevos... Así: Data límite: 15/05/2020)

 

    • VÍDEOS E XOGOS EDUCATIVOS SOBRE O EUROPA: 1 / 2 3 / 4 / 5 /

 

 

 

 

  • RETO 11: "DÍA DA FAMILIA" (15/05/2020): Para celebrar que hoxe é o día da familia, propoñémosvos un reto familiar. Podedes mandar unha foto da vosa árbore xenealóxica, ou unha foto dunha actividade familiar...o que se vos ocorra. Así: (Data límite: 21/05/2020)

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut