Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todos a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 2 representantes  das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais) e 3 do profesorado no Consello Escolar do centro.

A Xunta Electoral reunida o 3 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 4 AO 11 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 11 ás 14.30 horas.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.

Impreso de presentación de candidaturas

Impreso de reclamción ao censo

14 DE NOVEMBRO

-Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.

-Publicación de candidaturas.

-Publicación definitiva do censo electoral.

-Sorteo público, ás 9.30 horas na entrada do colexio para a designación dos integrantes da mesa electoral para a votación das nais e pais

28 DE NOVEMBRO

-Votacións. A votación de nais e pais terá lugar no centro de 9.30 a 15.30 horas.

Teixeiro, a 3 de novembro de 2016

AdxuntoTamaño
ESCRITO_PRESENTACION_CANDIDATURA.pdf26.22 KB
ESCRITO_RECLAMACIO_CENSO.pdf25.57 KB


page | by Dr. Radut