try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Voz Natura

3 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA NATUREZA

Coa data desta conmemoración tan importante para nós, no noso cole quixemos realizar varias actividades para festexalo:

  • LECTURA EN NATUREZA: Tepo e Tepa, as mascotas da nosa biblioteca, sorprendéronnos cun novo e especial recuncho para gozar da lectura, e vaia se non é especial, está no espazo máis natural do noso patio, na zona do monte!!!, onde entre árbores, rochas e manto verde, poderemos deleitarnos coas historias dos contos.

  •  COIDAMOS A NOSA CABANA DE VIMBIOS: aproveitamos esta data para poñer bonita a nosa cabana, podámola e trenzamos ramas que sobresaían, as ramas sobrantes cortámolas en cachiños e foron para o composteiro. Agora temos un espazo máis para poder ler á sombra no cando veña a calor.

  • RECOLLIDA DE LIXO EN TODO O PATIO: outra actividade para conmemorar este día, recollimos todo o lixo que atopamos no patio, parecía que non había, pero ao final enchemos un saco enteiro!!!que contentos nos puxemos todos ao ver todo limpo, así queremos todos os espazos naturais, libres de lixo!!!!

 

SEGUIMOS INVESTIGANDO

No cole seguimos investigando!!!! Nesta ocasión foron os pequechos de 6º de infantil os que, coa axuda das súas familias, pescudaron información sobre algúns animaliños do bosque. Logo, mostraron os resultados das súas investigacións ao alumnado de 1º curso de Primaria, quedaron encantados!!!!!

CREANDO CONCIENCIA "Día da Candeloria"

Así di un dos ditos sobre a data de hoxe, 2 de febreiro de 2023.

Para axudar a CREAR SORRISOS MEDIOAMBIENTAIS, imos levar a cabo unha actividade moi bonita no cole.

Primeiro, queremos crear conciencia analizando esta imaxe.

Fotografía:Clive Anthony no Mitchells Plain Hospital, Cidade do Cabo, Sudáfrica.

Temos que coidar moito o noso planeta para evitar situacións coma a que aparece na fotografía, que podemos facer?

Queremos poñer o noso gran de area e imos colocar no patio da nosa escola, casiñas decoradas polo noso alumnado para facilitar un pouco o "confort" aos paxariños da nosa contorna.

Fotografía: pexels.com 

Desta maneira colaboramos a conseguir os ODS 13: Acción polo clima e os ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.

Mostraremos os resutados tan pronto estén rematadas.

 

AMIG@S NOVOS PARA C3PO

C3PO necesita amig@s novos. Así que usando a reciclaxe e a nosa creatividade pediunos como reto para conseguir outra xema para Ruby, que fixeramos uns robots. 

O resultado foi esta maravilla!

CONTINUARÁ...

 

 

 

Distribuir contido