try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

actividades

Taller impresión 3D

O alumnado de 5º e 6º de Primaria aprendeu a usar o programa Tinkercad de deseño 3D.

Unha interfaz de traballo simple e intuitiva permitiu ao alumnado facer a súa inmersión no mundo

do deseño 3D, como paso previo á impresión 3D.

       

 

Atletismo na Macoca

O martes, 27 de marzo, o alumnado de 5º se desprazou ata a pista da Macoca para participar nunha xornada deportiva con outros centros da zona.

Lanzamento de peso, 500 m e carreiras por relevos foron algunhas das probas nas que participaron.

Unha mañá na que o deporte foi o eixo motivador.

 


                                              Diferentes momentos da xornada.


 

Magnetismo e Arte

O alumnado de 6º EP realizou unha práctica de laboratorio para observar os efectos dos campos magnéticos. 

Remataron a actividade, realizando inxeniosas "obras de arte" utilizando como material de debuxo as limaduras de ferro.

 

 

   

                  Cabalo                                      ´Árbore                                       Cabaliño de mar

 

 

 

O ebook na aula de 5º

Coa utilización do ebbok, a tinta electrónica chega á clase de 5º en forma de "Charlie e a fábrica de chocolate". A utilización destes dipositivos serve de nova motivación para o fomento do hábito lector, cun soporte máis acorde co uso das novas tecnoloxías.

Os alumnos e alumnas  mostran gran destreza no manexo dos novos ebooks, que alternan coa lectura da obra de Roald Dahl en formato papel.

 

          

 

                   

 

 

Primeiros Auxilios

O venres, 27 de outubro, unha voluntaria da Cruz Vermella impartiu un obradoiro de primeiros auxilios no centro. O alumnado de 5º e 6º de EP aprendeu a previr accidentes, identificando os perigos que pode haber dentro e fóra da casa, como actuar ante unha emerxencia: protexer, avisar e socorrer.

Durante a sesión,  practicaron  algunhas actuacións básicas de primeiros auxilios: atragantamentos, queimaduras e reanimación cardiopulmonar.

  

                                  O alumnado de 5º no obradoiro de  primeiros auxilios.

 

 

Visita instalacións Faro de Vigo

O  pasado xoves, 21 de novembro,  o alumnado de 4º, 5º e 6º  se desprazou ata Chapela para realizar unha visita guiada ás instalacións de Faro de Vigo.

 

  

Antes subimos ao monte da Guía para contemplar a ría de Vigo , a península do Morrazo e  o arquipélago das Cies.

       

 

A  visita ao diario decano da prensa española resultou moi interesante.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Comezaron as actividades extraescolares!!

Este curso iniciouse un taller de Inglés,unha actividade de Contacontos e un obradoiro de Cociña.

Este é o alumnado que participa no obradoiro de cociña.

 

 

 

Cando remate o curso serán grandes cociñeiros/as!!

Distribuir contido