Skip to Content

Horario de entrega de libros de texto 2019/20 e de material escolar

Estimadas familias,

Para facilitar a entrega dos libros de texto do fondo solidario e a recollida de material escolar que aínda hai no centro establecemos as seguintes datas:

Educación Infantil: xoves 4 de xuño

1º e 2º de Educación Primaria: 5 de xuño

3º de Educación Primaira: 8 de xuño.

4º de Educación Primaria:9 de xuño

5º de Educación Primaria: 10 de xuño

6º de Educación Primaria: 11 de xuño.

En horario habitual de 10.00 a 13.00 horas.

Rogamos as familias que veñan no horario establecido e coas medidas de protección adecuadas (mascarilla), na entrada do centro hai xel hidroalcohólico para o seu uso á entrada e á saída do centro. 

Soamente poderá haber unha persona no interior do centro facendo a devolución e recollida de material. Se se da o caso, deberán esperar no exterior do centro gardando a distancia de seguridade.

Lembramos que aproveiten a data establecida para entregar tamén a solicitude de fondo libros e axudas para o curso 2020/21.

Se algunha familia non puidera vir nesas datas, pregamos que se poña en contacto co centro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

O equipo directivo.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros e material escolar 2020/21

Estimadas familias, 

Hoxe abre o prazo para presentar as solicitudes para o fondo solidario de libros de texto, así como para as axudas de libros e material escolar. O último día para presentar as solicitudes será o venres 19 de xuño.

Lembramos que o alumnado de 1º e 2º de Primaria non ten fondo de libros polo que se tramitaran as axudas de libros e materiais. 

Os libros de 3º e 5º este ano cambiarán, polo que se incorporarán novos libros ao fondo.

O alumnado que no curso 2020/2021 se incorpore a Educación Secundaria Obligatoria deberá presentar as solicitudes no Instituto ao que vaia acudir o ano que ven.

Deberase entregar o Anexo I e o Anexo II cumprimentados, así como a documentación necesaria en cada caso.

A solicitudes poderánse prensentar mediante a sede electrónica da xunta.

Ou de forma presencial no centro. Recomendamos que aproveiten o horario establecido para a devolución de libros de texto e recollida de material proporcinado polo centro.

Pregamos que lean con atención o documento adxunto onde se explica o proceso e como cubrir a solicitude, así como a documentación a presentar.

Para calquera dúbida, quedavos a vosa disposición no teléfono do centro e no correo electrónico.

Atentamente, 

O equipo directivo.

Documento explicativo.

Anexo I

Anexo II

Enlace a sede electrónica

Enlace a aplicacion fondo libros.

Tarefas 6º de Educación Primaria Semana do 18 ao 24 de maio

Ola de novo!!

Aquí tedes as tarefas para esta semana. O domingo foi o día das Letras Galegas, por iso esta semana imos traballar coa temática de Galicia. 

Investigaremos sobre a emigración galega, as lúas e a catástrofe dos afundimentos dos petróleiros.

Unha semana máis, non esquezades as tarefas de inglés, música e Educación Física! E por suposto, visitade o blogue da bibilioteca!! Ten cousas moi chulas !

Unha aperta!!

Tarefas Luns 18 de maio

Tarefas Martes 19 de maio

Tarefas Mércores 20 de maio

Tarefas Xoves 21 de maio

Tarefas Venres 22 de maio

 

 

Tarefas 3º de Educación Primaria Semana do 18 ao 24 de maio

Ola pequenos e pequenas, como estades esta semana?

Estou aquí unha semana máis para propoñervos novas tarefas para seguir aprendendo xuntos.

Primeiramente comentarvos que  con motivo da conmemoración das letras galegas, en galego imos facer un homenaxe a Ricardo Carvalho Calero en forma de retrato, estou desexando ver as vosas obras. En lengua seguiremos repasando e reforzando os contidos, esta vez cunha historia de piratas!. En matemáticas seguiremos cuns exercicios de cálculo  e uns problemiñas, onde os protagonistas sodes vos.

Por último en naturais propóñovos unha actividade moi interesante elaborar unha botella da calma de Montessori, déixovos os pasos a seguir e un vídeo explicativo, eu xa fixen a miña! A ver como quedan as vosas, ánimo!

Por último comentarvos que non deixedes de facer as actividades propostas polos especialistas, de consultar os blogues do cole e as achegas que se nos fan dende o departamento de orientación, esta vez en forma de retos que nos permitirán traballar as nosas emocións.

 Mándovos moita forza e ánimo e unha aperta.

Tarefas Lingua Galega

Taregas Lingua Castelá

Tarefas matemáticas

Tarefas Ciencias da natureza

PD: Antes de facer as tarefas de Ciencias da Natureza, mirade este video:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut