Skip to Content

Tarefas 3º de Educación Primaria Semana do 11 ao 15 de maio

Ola nenos e nenas, como estades? Agardo que esteades moi ben e as vosas familias tamén. Mirade esta semana vos propoño que continuemos aprendendo xuntos. 

Nas linguas imos traballar a través de receitas de cociña,  propoño que vos transformedes en chefs e fagades “galletas arco iris” déixovos as instrucións, os pasos a seguir e unhas actividades para que fagades vos tamén unha receita,lembrade enviarme unha foto ou vídeo, facéndoas, coméndoas, disfrutando da cociña!

 Lembrarvos que o pasado sábado 9 de maio, foi o día de Europa, por tanto faremos un pequeno “concurso” en ciencias sociais  para aprender cousiñas sobre Europa, animádevos, ao final hai premio!

 Por último faremos unhas tarefas de matemáticas para seguir traballando o cálculo e o razoamento en problemas.

 Lembrade facer as tarefas que vos propoñen dende as especialidades e dende o departamento de orientación, e consultar os blogues do colexio, día a día na biblioteca se colgan cousas interesantísimas.

 Mándovos unha gran aperta e moita forza e ánimo.

Tarefas Ciencias Sociais

Tarefas Lingua Castelá

Tarefas Lingua Galega

Tarefas Matemáticas

Admisión alumnado

Estimadas familias,

Informamos de que restableceuse o prazo para a admisión do alumnado dende o día luns 11 de maio ata o luns 18 de maio de 2020.

O horario de atención ás familias no centro é de 10.00 a 13.00 horas.

Se necesitan poñerse en contacto co centro utilicen os seguintes medios:

Teléfono: 881 88 05 46

Correo electrónico: ceip.bormoio.agualada@edu.xunta.gal

Para consultar toda a información do proceso de admisión premer aquí.

Atentamente, 

O equipo directivo do centro.

 

Tarefas 6º de Educación Primaria Semana do 4 ao 8 de maio

Ola de novo! 

Unha semana máis deixovos aquí as tarefas desta semana. Como novidade contareivos que a partir de agora imos traballar sobre diferentes temáticas, esta semana toca o arte. Se queredes traballar sobre algunha temática ou tedes algunha suxerencia contádema para futuras semanas. 

Traballaremos todas as áreas a partir do arte. En matemáticas traballaremos a resolución de problemas, a xeometría e a simetría a partir dun autor que se chama Kandinsky, ao remate da semana ides a coñecelo moi ben. Nas linguas traballaremos a comprensión lectora, a biografía, gramática e ortografía; ademais de continuar con traballos propostos pola biblioteca e do noso diario persoal. O enlace ao blogue da biblioteca tédelo á dereita da páxina. Tamén visitaremos un museo online e veremos como podemos expresar sentimentos e emocións co noso corpo. 

Intentade organizarvos o mellor posible, se algunha das actividades non vos sae a primeira, non vos preocupedes, podedes preguntarme todas as dúbidas.

Recordade visitar os blogues de música, inglés e educación física.

Espero que vos gusten estas novas tarefas! Estádelo a facer xenial!

Unha aperta moi grande.

Miriam.

 

Tarefas Luns 4 de maio

Tarefas Martes 5 de maio

Tarefas Mércores 6 de maio

Tarefas Xoves 7 de maio

Tarefas Venres 8 de maio.

Tarefas 3º de Educación Primaria Semana do 4 ao 8 de maio

Ola de novo nenos e nenas, agardo que esteades ben.

Unha semana máis aquí estou de novo para propoñervos novas tarefas e para seguir aprendendo xuntos. Mirade, o pasado sábado, 2 de maio, foi un dia especial, o día contra o acoso escolar, porén as tarefas desta vez van un pouco encamiñadas a abordar esta temática. Explícovos agora mesmo o que temos que facer.

En lingua e galego traballaremos a través de dous contos, concretamente fábulas, nos que os protagonistas son animais un león e unha raposa, que lle pasan varias aventuras e coas cales aprenden valores moi importantes. Seguro que vos gustan.

En ciencias sociais traballaremos a través dun corto, chámase Lou, lembrades que estamos dando a convivencia na sociedade, pois a ver que opinades de cómo actúa este personaxe cos seus compañeiros no colexio. Primeiro tedes que ir ao blogue da biblio e velo, e despois facer as tarefas que vos propoño. Se premedes aquí accederedes directamente ao corto. Seguro que vos gusta. Non deixedes de ver tamén a recomendación  do libro “Invisible”.

http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/2020/05/2-de-maio-dia-contra-o-acoso-escolar.html

Por último faremos unhas tarefas de matemáticas, para non  esquecer o cálculo e seguir traballando o razoamento en problemas.

Agardo que vos gusten as tarefas, se tedes calquera dúbida, non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Recordade tamén facer as tarefas que nos propoñen os especialistas e o departamento de orientación, e non vos esquezades de consultar os blogues do cole, día a día dende a biblio se publican cousas moi interesantes que  vos han de sorprender, entrade a descubrilas!

Grazas a todos e a todas, bótovos moito de menos e mándovos moito ánimo e forza!

O estades a facer xenial!

Tarefas Lingua Castelá

Tarefas Lingua Galega

Tarefas matemáticas

Tarefas Ciencias Sociais

Retos voluntarios do Departamento de Orientación

Premer na imaxe para acceder ao contido.

Distribuir contido


by Dr. Radut