Skip to Content

ADMISIÓN ORDINARIA EN CENTRO DOCENTE SOSTIDO CON FONDOS PÚBLICOS

Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2023

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando os documentos adxuntados. 

Menú marzo

Entroido 2023

A próxima semana co gallo da festividade do Entroido, viremos disfrazados todos os días.

Deixámosvos aquí os mandadiños do Meco. 

Lembrade que os días 20,21 e 22 de febreiro son festivos. 

Reserva de praza para o alumnado de 6º Curso de Educación Primaria no centro adscrito (CPI Xosé Alcalde Pichel)

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro e diríxese ao alumnado de 6º Curso de Educación Primaria que continuará os estudos no CPI Alcalde Xosé Pichel

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitude-Reserva-Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Crear”. Nesta lapela aparecerá unha mensaxe onde descargar a solicitude e o anexo I Bis que haberá que presentar no centro, así como o xustificante co código da solicitude.

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes-Reserva-Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Crear”. Nesta lapela aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo, neste caso acompañado do número de código da solicitude.

 

  1. Cubrir a solicitude (Anexo I e Anexo I-bis) manualmente con letras maiúsculas e presentala asinada presencialmente no centro.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut