Skip to Content

Audición e linguaxe

Este trimestre estivemos estimulando a linguaxe a través dun elemento cultural como é o pan. Para iso, coñecemos a procedencia do pan ata os instrumentos que precisamos para plantalo. Para rematar, fomos cociñeiros realizando unha receita saudable.

Agardamos que vos guste.

Boas vacacións dende Audición e Linguaxe.

https://youtu.be/fUe2KksIymk

Libros de texto

Bo día, 

Facemos algunhas aclaracións: 

-Os libros de texto de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria serán publicados máis adiante, á espera de coñecer a distribución das aulas no vindeiro curso. (Actualmente non sabemos a configuración das unidades no vindeiro curso 2022-2023)

-Este ano coa entrada da LOMLOE Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, cambian os libros de texto en 3º e 5º de educación primaria para o vindeiro curso (2022-2023)

-En 3º e 5º aparecerá unha nova materia, a alternativa á relixión, xa non será valores sociais e cívicos, agora será proxecto competencial.

-Todos os activity books (na materia de inglés) non entran en fondolibros, posto que é material funxible. 

-A resolución do fondolibros será a partir do 22 de xuño do 2022.

3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

Os libros de relixión e música entran en fondolibros, non obstante non están publicados á espera da decisión (de empregar libro de texto ou non) do profesorado  que impartirá estas materias.  

4º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os libros de relixión entran en fondolibros, non obstante non está publicado á espera da decisión (de empregar libro de texto ou non) do profesorado  que impartirá esta materia.  

 

Programa emocional

Boa tarde, 

Adunxtamos un documento sobre o programa emocional para as familias. 

Unha aperta. 

Enquisa da Biblioteca Escolar

Boa tarde, 

Dende o Equipo de Biblioteca deixámosvos esta enquisa. 

https://forms.gle/VCEfBaNTzmX1Y6z36

Graciñas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut