Skip to Content

Andaina Save the Children

Recaudamos un total de 219,58 euros para a Fundación Save The Children. 

Gracias a toda a comunidade educativa por colaborar. 

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Carreira Save The Children

Relato Oral Concurso Tíralle da Lingua

Os gañadores foron Andrea de 6º e David de 3º. 

No blogue de Dinamizacion tedes os dous podcast: 

http://augalego.blogspot.com/

Agardamos que vos guste!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Radio na Biblio

Postais gañadoras

Álbum: Curso 2021/2022 -> Postais gañadoras

Festival de nadal.

Estimadas familias:

xa temos o vídeo do festival de nadal. Para poder acceder ao mesmo, premade na imaxe.

Festival de nadal

Solicitude de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria

Estimadas familias:

O día 11 iniciouse o procedemento de solicitude de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para os centros adscritos de educación secundaria; no noso caso, o centro ao que estamos adscritos é o CPI Alcalde Xosé Pichel.

O proceso será do 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO de 2022.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación (para cubrilo por sede electrónica, aparecen dúas guías como documentos adxuntos):

1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar a seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede ElectrónicaPara presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisión alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación) a solicitude.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centroSe non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando o formulario dos documentos adxuntos, cubrilos e presentalos firmados no centro. Unha vez cuberta, entregarlla ao titor/a ou a administración do centro educativo.

No caso de querer renunciar á praza ao centros adscrito, deberán solicitarlle ao centro unha copia da folla de renuncia á praza. Aparece nos documentos adxuntos tamén.

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Distribuir contido


by Dr. Radut