Skip to Content

Xunta de Galicia

Distribuir contido
Actualizado: hace 14 horas 50 min

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes de Atrévete a ter unha idea

Xov, 16/05/2024 - 15:42
Idioma Gallego

Ampliase o prazo de presentación de solicitudes do concurso Atrévete a ter unha idea convocado pola Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O novo prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o luns día 27 de maio, incluído.

Máis información

Tema: 

Programas e plans eduemprende

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Publicación das cualificacións das probas eliminatorias de coñecemento de lingua galega e castelá no marco dos procedementos selectivos para o acceso e ingreso, mediante concurso-oposición nos corpos docentes non universitarios (ED001A)

Xov, 16/05/2024 - 15:38
Idioma Gallego

De conformidade coas bases 8.3 e 9.3 da Orde do 31 de xaneiro de 2024, poderanse consultar as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua castelá e galega, valorada polos tribunais nomeados mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, na seguinte ligazón: www.edu.xunta.gal/oposicions

Para estes efectos cómpre seguir as seguintes indicacións:

1.- Menú “Consultas públicas”

2.- Consulta de publicacións dos tribunais do concurso-oposición

3.- Opción Convocatoria Data DOG 14-02-2024, Servizo S

4.-Opción Corpo: 590-Profesores de ensino secundario

5.-Opción Especialidade:004 Lingua castelá e literatura ou 053-Lingua e literatura galega (segundo corresponda)

6.- Opción Tribunal (especial) (escoller o número de tribunal especial ao que foi adscrito o persoal aspirante)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Resolución do VI Concurso de podcasts - Radio na biblio

Xov, 16/05/2024 - 08:41
Idioma Gallego

Publícase a Resolución do 14 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dos centros galardoados e correspondentes premios do VI Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

Concédense os premios que se relacionan no anexo I da devandita resolución, polos traballos que se especifican nas distintas modalidades. Os podcasts seleccionados serán difundidos a través da páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio https://agalegaaudio.gal/ . Así mesmo, recibirán difusión a través dos medios web da Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do VI Concurso de Podcasts – Radio na biblio

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Mar, 14/05/2024 - 09:20
Idioma Gallego

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP.

Máis información

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado


by Dr. Radut