Skip to Content

Votacións 20 de xuño en horario de 09:30 a 18:00

Bo día: 

 

Lembramos que mañá son as votacións para o cambio de xornada partida a xornada única. 

Rogamos que veñades votar e pedimos as familias de 6º de Educación Primaria a súa colaboración, posto que ainda que os vosos nenos/as non estean no centro o vindeiro curso, o voso voto conta. 

Este proxecto levouse en colaboración co CPI Alcalde Xosé Pichel. 

Enviamos hoxe a través do alumnado un tríptico informatico sobre a xornada continua. 

 

Calquera dúbida, estamos a vosa enteira disposición: 

 881880546/881880547/881880548. 

 

 

 

Formalización da matrícula

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

(20-28 de xuño)

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NA FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

Anexo III-Formalización da matrícula

Fotocopia dos DNI dos proxenitores ou titores legais, e de ter, do alumno/a

Certificado do padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

Copia do libro de familia, e de ser o caso, sentencia de separación ou divorcio e/ou convenio regulador

Informe médico do neno/a.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Libro de vacinación

Dúas fotos tamaño carné.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR QUE ENTREGA O CENTRO

Cuestionario sobre a lingua materna

Cuestionario sobre o neno/a. (Entrevista inicial de 3 anos)

Transporte e comedor (solicitudes e documentación de recollida do alumno/a).

Impreso de saídas pola contorna

Impreso dereitos de imaxe

Impreso mudar roupa

Alerxias

Mesa electoral

Bo día: 

Xa está dispoñible a mesa dos membros da mesa electoral para o vindeiro 20 de xuño de 2024 no taboleiro de anuncios. Fíxose un chamamemo aos interesados/as por orde: titular, suplente 1, suplente 2 e suplente 3.

Gracias

Distribuir contido


by Dr. Radut