Skip to Content

Solicitude de transporte escolar para o curso 2020-2021

Adxuntamos a cirular explicativa sobre transporte escolar para o vindeiro curso 2020/2021. Ademais todas as familias de alumnado usuario de tranporte escolar deberán entregar na secretaria do centro a solicitude.

Para solicitar cambio de parada, ruta ou vial débese presentar no centro antes do 17 de xullo.

O equipo directivo.

Circular informativa

Solicitude de transporte escolar 2020-2021

Solicitude de comedor escolar para o curso 2020-2021

Aberto o prazo para solicitar plaza para o comedor para o vindeiro curso 2020/2021. Achéganse os documentos necesarios para a súa solicitude. 

Deberán ser entregados na secretaría do centro antes do 10 de setembro.

Por favor, lede con atención a circular, xa que ahí explícase como hai que cubrir os documentos.

 

Circular explicativa

Solicitude de comedor para o curso 2020/2021

Modelo de autodeclaración de comedor 2020/2021

 

Listaxe de libros de texto 2020/2021

Estimadas familias, 
Poñemos a vosa disposición a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. Recoméndase ao alumnado que é beneficiario do fondo libros que non adquira ningún material ata setembro.


Un saúdo.
O equipo directivo.

Listaxe libros de texto 2020/2021

Festival Fin de Curso 2019/2020

Bos días, 

Tal e como prometemos aquí deixamos o noso festival de fin de curso. Contemplade as vosas actuacións!!

Moitas grazas pola colaboración!

Moi bo verán!! Vémonos á volta!!!

Premede na imaxe.

Recollida de boletíns de notas

Estimadas familias, 

O vindeiro venres día 19 estarán a súa disposición os boletíns de notas da avaliación ordinaria do curso 2019/20 para a súa recollida de 10.00 a 14.00 horas.

Para acceder ao centro pregamos utilicen mascarilla e manteñan a distancia de seguridade. Se no momento de recollida hai unha persoa dentro de centro, esperen no patio ata que remate. 

Moitas grazas pola súa compresión.

Un saúdo.

O equipo directivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut