Skip to Content

Tarefas 6º de Educación Primaria Semana do 27 ao 30 de abril

Estimadas familias:

Unha vez máis poñemos as tarefas a semana que entra. Gustaríame facer fincapé na importancia de manter unhas rutinas diarias, a necesidade de crear un horario. Xa sabedes que as tarefas están organizadas segundo o horario de clase. Cando as teñades feitas por favor, envíademas ao correo ou aos medios telefónicos acordados.

Quero destacar esta semana a actividade sobre os patios, queremos coñecer as vosas opinións sobre os xogos e o noso patio. Deste modo poderemos mellorar. Deixovos o enlace do blogue da biblio, alí colganse moitas actividades. https://clubedelecturabormoio.blogspot.com/2020/04/un-dia-no-patio-xan-e-un-neno-que-vive.html

 

Recordade tamén visitar os blogues de música, inglés e educación Física. Están no lado dereito da páxina.

Unha aperta.

 

Vídeo explicación dos número decimais.

Luns 27 de abril

Cuestionario patio

Foto do patio

Martes 28 de abril

Mércores 29 de abril

Xoves 30 de abril

 

Tarefas 6º de Educación Primaria Semana do 20 ao 24 de abril

 Ola de novo nenos e nenas!

 Unha semana máis póñome en contacto convosco para saudarvos, esperando que esteades ben e propoñervos as tarefas de esta semana. Quero felicitarvos polo esforzo que estades a facer e o traballo que, me consta, realizades diariamente,seguide esforzándovos así,  o estades a facer xenial.

Envíovos un vídeo explicando os problemas do venres pasado, sei que algúns de vós tivo dificultades para realizalos, tamén vos envío o vídeo explicativo das tarefas desta semana.

Unha vez máis darvos as grazas pola vosa colaboración, e recordarvos que vos botamos moito de menos e que estamos desexando vervos a todos e a todas.  Envíovos moita forza e ánimo.

Unha aperta

Vídeo explicativo de problemas do venres 

Vídeo explicativo das tarefas desta semana

Tarefas luns 20 de abril

Tarefas martes 21de abril

Tarefas mércores 22 de abril

Tarefas xoves 23 de abril

Tarefas venres 24 de abril

Tarefas 3º de Educación Primaria Semana do 20 ao 24 de abril

 Ola de novo nenos e nenas!

 Unha semana máis póñome en contacto convosco para saudarvos, esperando que esteades ben e propoñervos as tarefas de esta semana. Quero felicitarvos polo esforzo que estades a facer e o traballo que, me consta, realizades diariamente, seguide esforzándovos así,  o estades a facer xenial.

 Esta semana  seguiremos traballando a lectoescritura  e a comprensión en lengua e lingua, anímovos a facer unha recomendación lectora. Lembrádesvos de cómo a facíamos na clase? pois agora tócavos a vos,ÁNIMO!

 En matemáticas continuamos co cálculo básico e o razoamento. En ciencias naturais anímovos a que sexades “aprendices de científicos” cunha actividade moi interesante para facer con toda a familia elaborar un “cespin”,seguro que che gusta, lembra mandarme unha foto! Por último en ciencias socias imos realizar un traballo de investigación sobre a túa vila, seguro que xuntos a coñecemos moito mellor. Unha vez máis recordarvos:

-        Consultar asiduamente a páxina web do centro así como os diferentes actualizacións  dos blogues, intentando colaborar nas actividades propostas.

-        Facer as actividades das diferentes especialidades.

-        Ter en conta as recomendacións que se fan dende o DO, e realizar as actividades propostas polos diferentes especialistas do mesmo.

-        Organizar un horario, establecendo  unha rutina diaria de traballo, organizando as actividades entre os diferentes días da semana.

-       Ante calquera dúbida, poñervos en contacto connosco a través dos correos facilitados

-        Enviar as tarefas  polos medios proporcionados.

 Unha vez máis darvos as grazas pola vosa colaboración, e recordarvos que vos botamos moito de menos e que estamos desexando vervos a todos e a todas.  Envíovos moita forza e ánimo.

Unha aperta

Tarefas de matemáticas

Tarefas de lingua galega

Tarefas de lingua castelá

Tarefas de ciencias sociais

Tarefas de ciencias naturais

Distribuir contido


by Dr. Radut