Skip to Content

Recordatorio

A nova organización do comedor implica, outra vez, cambios no horario. Atención sobre todo os que recolledes ao alumnado que non vai ao comedor. A nova hora de saída será ás 14:45h. Pedimos disculpas e agradecemos a comprensión de toda a comunidade educativa ante todos os cambios, idas e voltas deste inicio de curso. Seguide atentos as actualizacións da web e recordade que tamén teredes os avisos na nosa canle de Telegram.

O director.

Aviso Comedor

Comunicamos que desde hoxe, habilitaremos o ximnasio do centro como novo espazo para o comedor. Desta forma, o alumnado estará dividido e separado nos dous espazos nunha única quenda. Os dous espazos contarán con ventilación. En cada espazo haberá 3 grupos estables de convivencia (GEC).

Aviso Comedor

De forma provisional,

Hoxe luns e mañá martes, por petición da ANPA, faremos dúas quendas de comedor. No día de hoxe programarase unha reunión urxente coa ANPA para falar sobre este tema.

 

O director

Cambios no Servizo de Comedor

Despois destes primeiros días de curso, comunicamos que coa organización establecida no “Plan de adaptación á COVID19”, cas 2 quendas establecidas para o comedor e só 3 colaboradoras/es non podemos garantir un correcto servizo e atención do alumnado da forma que estaba estipulado xa que sería inviable ao longo do curso. Polo tanto, vémonos na obriga de modificar o propio plan, sempre respectando as instruccións do Protocolo da Consellería. Para o que se establece o seguinte:

  • Unha única quenda.
  • Separación de 1.5m entre mesas dos diferentes grupos estables de convivencia.
  • Sentados en oblicuo.
  • Nos días de choiva e unha vez finalice o período de nutrición, o alumnado volverá á súa aula e permanecerá alí. Nos días con tempo favorable poderán saír ás súas zonas asignadas do patio. Nos dous casos, estarán baixo supervisión.

 

Agradecemos a comprensión.

O director

Informacións Varias

Plans COVID19:

  • Aprobados e publicados todos os plans. Rogamos encarecidamente a lectura e consulta da documentación por parte de toda a comunidade.

Reunións Iniciais:

  • Respetade as medidas establecidas e o horario/quenda asignado polas titoras/es. Rogamos máxima puntualidade.
  • Portade bolígrafo propio.

Inicio do curso gradual:

  • Xoves 10 setembro: 3º/4º Ed. Infantil e 1/2/3º Ed. Primaria
  • Venres 11 setembro: todos.

Comedor:

  • Actualmente dispoñemos só de 3 colaboradores/as de comedor. Solicitamos a colaboración da comunidade para garantizar este servizo. Na situación actual, non serían suficientes e necesitaríamos máis persoal e reservas para posibles adversidades. Poñédevos en contacto co centro ou ca ANPA para candidatarvos ou solicitar información. Requisito: ser pai/nai/titor legal.

Documentación:

  • Despois das reunións de inicio de curso, procederemos a enviar documentación para asinar.

 

O director.

Distribuir contido


by Dr. Radut