Skip to Content

Cambios no Servizo de Comedor

Despois destes primeiros días de curso, comunicamos que coa organización establecida no “Plan de adaptación á COVID19”, cas 2 quendas establecidas para o comedor e só 3 colaboradoras/es non podemos garantir un correcto servizo e atención do alumnado da forma que estaba estipulado xa que sería inviable ao longo do curso. Polo tanto, vémonos na obriga de modificar o propio plan, sempre respectando as instruccións do Protocolo da Consellería. Para o que se establece o seguinte:

  • Unha única quenda.
  • Separación de 1.5m entre mesas dos diferentes grupos estables de convivencia.
  • Sentados en oblicuo.
  • Nos días de choiva e unha vez finalice o período de nutrición, o alumnado volverá á súa aula e permanecerá alí. Nos días con tempo favorable poderán saír ás súas zonas asignadas do patio. Nos dous casos, estarán baixo supervisión.

 

Agradecemos a comprensión.

O director

Informacións Varias

Plans COVID19:

  • Aprobados e publicados todos os plans. Rogamos encarecidamente a lectura e consulta da documentación por parte de toda a comunidade.

Reunións Iniciais:

  • Respetade as medidas establecidas e o horario/quenda asignado polas titoras/es. Rogamos máxima puntualidade.
  • Portade bolígrafo propio.

Inicio do curso gradual:

  • Xoves 10 setembro: 3º/4º Ed. Infantil e 1/2/3º Ed. Primaria
  • Venres 11 setembro: todos.

Comedor:

  • Actualmente dispoñemos só de 3 colaboradores/as de comedor. Solicitamos a colaboración da comunidade para garantizar este servizo. Na situación actual, non serían suficientes e necesitaríamos máis persoal e reservas para posibles adversidades. Poñédevos en contacto co centro ou ca ANPA para candidatarvos ou solicitar información. Requisito: ser pai/nai/titor legal.

Documentación:

  • Despois das reunións de inicio de curso, procederemos a enviar documentación para asinar.

 

O director.

Información Inicio de Curso

Benvidas e benvidos a este curso 2020/21

Ante a gran cantidade de chamadas telefónicas recibidas nestes primeiros días, desde o centro comunicamos que entendemos a gran preocupación xeral existente debido ao inminente inicio do curso escolar nesta situación extraordinaria que estamos a vivir pola COVID19.

Estamos traballando na propia a organización interna, actualizando os documentos referentes á COVID19 (Plan de Adaptación, de continxencia e de acollida). Transmitimos que entendemos todas as vosas dúbidas e incertezas e intentaremos dar resposta a todas elas nas primeiras reunións de inicio de curso. Pedimos un pouco de paciencia, xa que a situación é nova para todos e estamos intentando xestionar o centro para poder ofrecer as maiores garantías e seguridade posible para todas e para todos.

Comunicamos que, debido á problemática de moitas familias para acceder ás primeiras reunións de inicio de curso de forma telemática, o claustro de mestres decidiu convocar de forma escalonada diferentes reunións iniciais cas titoras/es para o día mércores 9 de setembro. As reunións respectaran o seguinte:

  • Máximo de 10 persoas (incluído o titor/a).
  • Separación de 1.5m e máscara obrigatoria.
  • Un único pai/nai/titor legal por alumno/a.
  • Preferentemente, no exterior.
  • Máxima puntualidade para evitar aglomeracións, sen adelantos nin retrasos no horario.

Reunións Iniciais Mércores 9 setembro*

Ed. Infantil

1º Quenda: 9:30-10:15h

2º Quenda: 10:30-11:15h

1/2º Ed. Primaria

9:45-10:30h

3º EPº

1º Quenda: 10-10:45h

2º Quenda: 11-11:45h

4º EP

1º Quenda: 11:30-12:15h

2º Quenda: 12:30-13:15h

5º EP

1º Quenda: 10:45-11:30h

2º Quenda: 11:45-12:30h

6º EP

12:30-13:15h

*Esta información é susceptible a cambios, irase actualizando. Nos próximos días, as titoras/es contactaran cas familias do alumnado para confirmar a asistencia e serán os encargados de distribuír as persoas que deben asistir á reunión en función da dispoñibilidade.

Rogamos que estedes atentos as actualización da páxina web e que confirmedes que a información que precisades non foi exposta previamente na mesma (libros de texto, calendario escolar, etc).

Gracias pola vosa colaboración e un saúdo.

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut