Skip to Content

Tarefas de 3º e 6º de Educación Primaria Semana do 8 ao 14 de xuño.

Ola nenos e nenas, agardamos que esteades moi ben

O curso está a piques de rematar e gustaríanos que todos estiveramos xuntos para festexalo pero como  aínda non se pode teremos que facelo de maneira online.

Esta semana as tarefas son especiais, teredes que facer dúas cousiñas. Primeiro como xa sabedes, tiñamos planeado ir a  ver aos nonos amigos e amigas de Corme, pero como non é posible, imos facer unha actividade conxunta con eles, unha obra de arte, no documento se explica cómo.

Ademais como todos os anos faremos o noso festival de fin de curso, como este ano non pode ser presencial, farémolo online, enviamos  un documento coas indicacións sobre como debedes participar. Ánimo, amosádenos que sodes uns verdadeiros artistas! Agardamos os vosos vídeos.

Moitas grazas a todos e a todas, unha aperta moi forte.

Información actividade con Corme.

Información actuacións final de curso.

Festival fin de curso 2020

A excepcional situación que estamos a vivir non vai impedir que fagamos o noso festival de fin de curso.

Mestres, mestras, familias, nenos e nenas, todos estades convidados a participar.

 

 

Enviade o voso vídeo aos vosos titores e titoras no que ensinedes o voso talento (cantar, bailar, facer equilibrios...)

O 19 de xuño compartiremos un gran vídeo con todas as vosas aportacións!

Moito ánimo!!

Esperamos os vosos talentos!!!

 

Tarefas 6º de Educación Primaria Semana do 1 ao 7 de xuño.

Ola de novo!

Deixo aquí as tarefas para esta semana. Esta vez son máis curtiñas e actividades variadas, non están divididas por días, organizade o tempo e ides enviandome pouquiño a pouco ou todo xunto. Cómo vos prefirades. Calquera dúbida ou dificultade, non dubídedes en consultarme. 

E por suposto, non esquezades as actividades de Ingles, Educación Física, Relixión e Música.

Unha aperta.

Tarefas Ciencias da Natureza

Tarefas Ciencias Sociais

Tarefas Lengua Castellana

Tarefas Lingua Galega e Plástica

Tarefas matemáticas

Tarefas 3º de Educación Primaria Semana do 1 ao 7 de xuño.

Ola de novos nenos e nenas, unha semana máis póñome en contacto convosco para dicirvos  que vos boto moito de menos e para propoñervos unhas tarefas para seguir aprendendo xuntos.

En lengua e lingua seguiremos traballando comprensión, gramática e ortografía a través de pequenas lecturas. En matemáticas propóñovos uns exercicios de cálculo e uns problemiñas, onde os protagonistas sodes vos!

Por último para rematar, en naturais imos converternos en agricultores e estudaremos unha planta do noso contorno e en sociais localizarémonos no mundo, dende un mapamundi ata o mapa da nosa localidade.

Estou moi contenta co esforzo que estades a facer, non vos olvidedes de facer as tarefas dos especialistas e de consultar os blogues do cole e as propostas do departamento de orientación.

Un abrazo grande a todos pequenos e pequenas.

Tarefas de Ciencias da Natureza

Tarefas de Ciencias Sociais

Tarefas de Lengua Castellana

Tarefas de Matemáticas

Admisión alumnado

Estimadas famiias, 

Seguindo as Instruccións recibidas pola Consellería de Educación para o proceso de admisión para o curso 2020/2021 e tendo en conta a protección de datos, comunicamos que de forma provisional, todo o alumnado que presentou solicitude no CEIP Bormoio - Agualada foi admitido para o vindeiro curso 2020/2021.

Ao existir menos solicitudes que prazas, non foi necesario levar a cabo o baremo das mesmas. 

O 26 de xuño faranse públicas as listaxes definitivas de admitidos no centro.

Lembramos que o prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo. Nese período publicarase a información pertinente mediante a páxina web.

Para calquera dúbida quedamos a súa disposición. 

Atentamente, o equipo directivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut