Skip to Content

Lista provisional fondolibros e vales

A partir de hoxe tedes publicada a listaxe provisional de axudas dos libros de texto e de material escolar que podedes consultar tanto no centro como na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/. Tedes na propia app un manual de uso da mesma.

Podedes pasar achegar as vosas reclamacións ata o martes día 14.

 

Un cordial saúdo

Recollida historial académico 6º primaria

O alumnado de 6º de primaria poderá vir a recoller o historial académico a partir do día 1 de xullo. 

Un cordial saúdo

Listaxe definitiva de alumnado admitido no centro para o curso 2020/2021

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no CEIP Bormoio Agualada e que na resolución provisional aparece como admitido tamén o está na listaxe definitiva. Dita listaxe está a disposición das familias secretaria do centro.

Lembramos que o periodo de matrícula vai do 1 ao 6  de xullo.

Documentación a aportar na formalización de matrícula (se non se entregou xa):

  • Certificado do padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. 
  • Informe médico do neno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotos tamaño carné.

Recordade entregar o mesmo día da formalización da matrícula a reserva de praza de comedor e transporte, explicado en anteriores entradas na páxina web do centro.. O resto de papeis cubriranse no centro o día da formalización de matrícula.

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición.

 

 

Un saúdo.

O equipo Directivo. 

 

Solicitude de transporte escolar para o curso 2020-2021

Adxuntamos a cirular explicativa sobre transporte escolar para o vindeiro curso 2020/2021. Ademais todas as familias de alumnado usuario de tranporte escolar deberán entregar na secretaria do centro a solicitude.

Para solicitar cambio de parada, ruta ou vial débese presentar no centro antes do 17 de xullo.

O equipo directivo.

Circular informativa

Solicitude de transporte escolar 2020-2021

Solicitude de comedor escolar para o curso 2020-2021

Aberto o prazo para solicitar plaza para o comedor para o vindeiro curso 2020/2021. Achéganse os documentos necesarios para a súa solicitude. 

Deberán ser entregados na secretaría do centro antes do 10 de setembro.

Por favor, lede con atención a circular, xa que ahí explícase como hai que cubrir os documentos.

 

Circular explicativa

Solicitude de comedor para o curso 2020/2021

Modelo de autodeclaración de comedor 2020/2021

 

Distribuir contido


by Dr. Radut