Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 21/5/2024 A 21/6/2024, INCLUÍDOS

Procedemento administrativo:  ED330B

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

·        

Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

·        

Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].

·        

Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

·        

Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria

·        

NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]

·        

A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

AdxuntoTamaño
Anexo I e Anexo II.pdf1.61 MB
Manual solicitantes.pdf2.18 MB


blog | by Dr. Radut