Skip to Content

Viaxe Fin de Curso 2019

Desde o centro, o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria están a financiar a súa viaxe de fin de curso.

Para iso, piden a difusión e a colaboración de toda a comunidade educativa, familia e amigos para que adquiran estas FANTÁSTICAS PULSEIRAS. 

O seu prezo e de 1,5€ a unidade e estaríades colaborando con unha boa causa.

Eles serán os máis agradecidos, animádesvos?

Vacacións de Semana Santa

Estimadas familias:

 

Queremos recordarvos que a vindeira semana comezan as vacacións de Semana Santa e volverremos ás clases de novo o martes 23 de abril.

 

Boas vacacións!!

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2019-2020

Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2019-2020.

Para ver a listaxe premer aquí.

Poderase presentar unha reclamación contra esta listaxe entre o 1 e o 5 de abril no centro.

Atentamente,

A secretaria

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019 - 2020

Aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2019-2020, do 1 ao 20 de marzo.

Toda a información no seguinte enlace (postos escolares vacantes, información sobre a solicitude, sobre o procedemento e a normativa que a regula). Pincha aquí.

Modelo de solicitude aquí.

Pódese consultar igualmente toda a información nos documentos adxuntos (ver abaixo).

Quedamos á vosa disposición na secretaría do centro en horario de 10:15 a 11:10.

Atentamente,

A secretaria

INICIO CURSO ESCOLAR 2018-2019

Este mércores 12 de setembro comezamos o novo curso escolar 2018-2019.

. O mércores temos xornada reducida con horario de 9:45 a 13:00h. Haberá servizo de transporte escolar pero non de comedor.

   - Ás 9:45 celebrarase o acto de presentación no comedor para todo o alumnado e familias do centro.

   - A continuación, as familias dirixiranse ás súas respectivas titorías acompañadas do titor/a correspondente para que lles sexan facilitadas as directrices de comezo de curso.

   - As familias que así o desexen poden levar consigo aos seus fillos/as ao remate da sesión avisando de que non vai a facer uso do servizo de transporte para volver a casa ese día.

 

. O xoves 13 xa comezamos co horario e servizos habituais do mes de setembro:

  - Xornada lectiva: de 9:45 a 14:45h.

  - Servizo de comedor: de 14:45 a 16:00h. 

  - Servizo de transporte de entrada (nos horarios habituais nas paradas correspondentes a este mes) e de saída ás 16:00h.

 

Benvidos/as ao novo curso!

Atentamente,

O equipo directivo

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut