PRAZO LÍMITE: 20 DE XUÑO
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participacion no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B)
(Diario Oficial de Galicia do 19.05.2023).
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
DESTINATARIOS
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP
NOVIDADES
- No curso 2023/2024 en 4º e 6º de EP permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
- En 3º e 5º de EP manteranse os libros de texto do curso 2022/2023
- Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, nos que se aplicará o disposto na lexislación específica.
FORMAS DE PRESENTACIÓN
- Electrónica: utilice esta aplicación (FONDOLIBROS) e presente solicitude na Sede Electrónica
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación (FONDOLIBROS), imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).
- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA
Ver no documento anexado neste documento.
INFORMACIÓN SOBRE A SEDE ELECTRÓNICA
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023
MANUAL PARA OS SOLICITANTES
Anexado nesta publicación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Fondolibros.pdf | 65.1 KB |
Anexo I e Anexo II.pdf | 1.61 MB |
FNDLIB_MU_ManualCidadan.pdf | 2.18 MB |