Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

CALENDARIO DE MERENDAS

Moi boas!

Co fin de fomentar  uns bos hábitos alimenticios e para facilitar a organización ás familias propoñemos establecer este calendario de merendas saudables para todo o alumnado.

 

 

  

 

Tamén achegamos información explicativa de utilidade sobre o calendario

 

 

 

 

 

 

 

kk

 

 

 

 

 

XUNTANZA DE INICIO DE CURSO

Moi boas!!

A unha semana do inicio das clases informámosvos de que a reunión inicial coas familias para tratar diversos asuntos do novo curso académico será o venres 6 de setembro as 11 da mañá

                                                    Esperámosvos!

 

Un saúdo!!

 
 
 
 
 
 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 

Moi boas!

Traémosvos as recomendacións lectoras elexidas polo equipo de biblioteca para este tempo de lecer e que así as nenas e nenos sigan fomentando o seu hábito lector.

Que teñades un bo verán!

Un saúdo!

 

AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Moi boas! 

Informámosvos que xa abriu o prazo para solicitar axuda de libros de texto e material escolar ata o 21 de xuño.

Adxuntamos nota informativa, orde de convocatoria e modelo de solicitude. Un saúdo!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS MAIO

Boas, dende o equipo de biblioteca, deixámosvos as recomendacións lectoras do mes de maio para que o alumnado continúe progresando no hábito lector.

Un saúdo!

ENTREVISTA: ANA PELETEIRO BRIÓN

Para rematar o mes traémosvos unha actividade que nos fixo moita ilusión levar a cabo.

Conectamos as diferentes actividades coas que desde o colexio incidimos na importancia da muller na sociedade e a conmemoración do Día Internacional da Muller, co proxecto da biblioteca deste anos, os Xogos Olímpicos,

Unha entrevista moi especial feita polo noso alumnado a unha das persoas máis ilustres da nosa cidade. Foi alumna do noso colexio e logo converteuse na mellor atleta do país. Ademais estamos ante unha muller empoderada que ten un papel clave como transmisora de valores e que sempre estivo en loita por alcanzar os seus soños: Ana Peleteiro Brión.

Grazas pola túa colaboración Ana e moita sorte no xogos!!! Vémonos pronto polo cole!

 

 
 

PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO 1 - 20 MARZO

Moi boas!

Comeza o período de admisión de alumnado no Colexio Plurilingüe de Artes coas prazas que se ofertan a continuación: 

CONTACONTOS

Hoxe, ao igual que a semana pasada, gozamos dos contos lidos polo noso alumnado para fomentar a lectura e a adquisición de novas aprendizaxes.

   

 

Aquí un anaquiño do contacontos.

 

ROSALÍA CON LUIS VALLECILLO!

Moi boas!

 

Hoxe tivemos a actuación de Luis Vallecillo, artista multidiscplinar que ensinou ao alumnado distintas obras de Rosalía de Castro a través de cancións ritmo diverso.

Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ

O alumnado conmemorou o Día de Rosalía dunha forma diferente e moi divertida!

 

Un saúdo!