Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Primaria

Visita DOMUS (A Coruña) 3º-4º EP

O pasado 27 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou a DOMUS (A Coruña).

Alí visionamos unha película documental que tiña varios apartados, e o que máis nos gustou foi o da posidonia, planta mariña. Tamén había outro que falaba das matemáticas na nosa vida...

Logo poidemos desfrutar e xogar con todos os aparellos que había e descubrimos  a forza coa que chutamos a pelota, o noso peso e a nosa altura, a destreza visual, a rapidez de reacción... e moitas máis cousas.

Foi unha mañá moi entretida, pasámolo moi ben... Iso si, fixemos unha paradiña entre tanto descubrimento para tomar a "merenda" e repoñer forzas para seguir cos nosos descubrimentos.

 

 

Visita de Yolanda Castaño co seu libro "Coller as rendas"

Esta mañá visitounos Yolanda Castaño. Falounos do seu libro, "Collendo as rendas" que xa leramos na clase. Gustounos moitísimo porque foi moi interesante e divertido. Ademais puidemos falar con ela un anaco e adicounos os nosos libros. Foi fenomenal!

 

CHARLA CON EVARISTO AMADO

Entre o 9 e o 13 de marzo celebraremos no colexio  a Semana da Prensa. Este mércores como adianto tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa biblioteca de Evaristo Amado Fernández, Coordinador da Fin de Semana na Axencia EFE. Evaristo é natural de Pontedeume, licenciouse en Periodismo na Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa en Madrid, o seu traballo na Axencia EFE consiste en redactar, editar e coordinar equipos de periodistas.

          A charla foi moi interesante e tivemos oportunidade de facerlle moitas preguntas as cales nos contestou encantado. Explicounos moi ben as diferentes tarefas as que se enfrentan cada día no seu traballo. Preguntámoslle porqué cada hai un atropelo ou accidente no noso pobo non sae en todas as cadeas de televisión ou como podían chegar tan rápido cando pasaba algo nun partido de fútbol. A moitos pareceunos  interesante eso de estar acreditado como periodista nos grandes acontecementos deportivos e poder ver todo o que acontecede dende primeira línea. 

Queremos darlle as grazas a Evaristo Amado, dende agora Tito para nós, e convidalo a voltar ao noso cole cando queira.

                              

                              

         Ao remate da charla os alumnos e alumnas da clase de quinto fixemos entre todos este mapa conceptual coa información recollida na charla e que vai ser o noso punto de partida para adentrarnos na semana de marzo na que os xornalistas seremos nós.

 

Teatro Pazo da Cultura (Narón)

O pasado martes 22 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de Ensino Primario desprazouse ata o Pazo da Cultura, en Narón, para presenciar a obra de teatro "Patapatúm" da compañía Elefante elegante: un espectáculo de teatro visual sen palabras, unha reflexión sobre o tempo e como os adultos enchemos os baleiros da vida dos nenos con cousas materiais.

SORPRESA! E unha máis! E moitas máis! Unha morea de regalos! Grandes, pequenos, pesados, lixeiros, azuis, verdes, laranxas, cadrados, redondos... Regalos de todas as formas e tamaños, divertidos e asombrosos... O neno non tiña mans para abrir tantos xoguetes... 

A verdade é que lles custou un pouquiño entender este tipo de teatro pois están afeitos ao teatro dialogado... De todos os xeitos, desfrutaron co espectáculo, e unha vez no colexio, deunos pé nas aulas para falar de tantos agasallos como reciben por Reis, aniversarios... e o pouco ou moito caso que lles fan.

 

VISITA AO MERCADO DE 2ºA

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, aproveitando que estábamos a traballar os cartos, fomos visitar o Mercado que teñen montado na aula os nenos e nenas de 2ºA. Cada un levou os seus cartos e fixo unha pequena compra. Atendéronnos moi ben!

 

VISITA de ELVIRA MENÉNDEZ

   O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria comezamos esta última semana do mes de abril coa visita da escritora de moitos libros de literatura infantil e xuvenil Elvira Menéndez. Elvira non so é escritora tamén é actriz e guionista. Traballou en programas infantís como "Barrio Sésamo", "La Bola de Cristal", "La Cometa Blanca" e en series como "Hospital Central", "7 vidas"...

Hoxe estivo con nós e falamos do seu libro "La máquina maravillosa" un libro de ciencia ficción que nos cautivou a todos e todas dende o primeiro capítulo. A xuntanza resultou moi amena e entretida, nela compartiu con nós as súas vivencias e contestou a todas as nosas preguntas. Moitísimas grazas Elvira pola túa visita!

 

Cursiño de Reanimación Cardiopulmonar do Concello de Fene

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria aprendeu a realizar a Reanimación Cardiopulmonar.

 

Videoconferencia con Rebeca Atencia

Con motivo do 8 de marzo o centro está a traballar a diferentes mulleres científicas, aproveitaremos tamén o Entroido para facer unha particular homenaxe. 

O alumnado de 1º e 2º está a traballar á primatóloga Jane Goodall, fundadora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés en Tchimpounga (República Democrática do Congo), e hoxe tivemos a sorte de poder falar coa ferrolana Rebeca Atencia, quen está a cargo do mencionado centro.

 

Ademais, Rebeca Atencia é unha prestixiosa veterinaria, que recibirá o Premio 8 de marzo do Concello de Ferrol.

No seguinte video nos conta xurdiu o seu interese polos animais.

Moitas grazas!

 

 

 

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria disfrutaron moitísimo da visita ao Aquarium! Tamén aprenderon unha morea de cousas sobre os peixes e outros animais mariños e sobre os plásticos e como afectan os vertidos no mar!! Estiveron esperando para ver a Gastón, o tiburón da Sala Nautilus, pero estaba moi canso e decidiu non aparecer... así que fomos ver ás focas mentres comían! 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN "TERRAS DE SALITRE"

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha visita á exposición "Terras de salitre" da fotógrafa Cristina Mittermeier. Alí aprendemos sobre o mar de plástico e o que temos que facer para evitar que aumente de tamaño, descubrimos o que leva Cristina na súa mochila e vimos fotografías preciosas. Gustounos moitísimo!

 

Distribuir contido