Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Primaria

Teatro Pazo da Cultura (Narón)

O pasado martes 22 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de Ensino Primario desprazouse ata o Pazo da Cultura, en Narón, para presenciar a obra de teatro "Patapatúm" da compañía Elefante elegante: un espectáculo de teatro visual sen palabras, unha reflexión sobre o tempo e como os adultos enchemos os baleiros da vida dos nenos con cousas materiais.

SORPRESA! E unha máis! E moitas máis! Unha morea de regalos! Grandes, pequenos, pesados, lixeiros, azuis, verdes, laranxas, cadrados, redondos... Regalos de todas as formas e tamaños, divertidos e asombrosos... O neno non tiña mans para abrir tantos xoguetes... 

A verdade é que lles custou un pouquiño entender este tipo de teatro pois están afeitos ao teatro dialogado... De todos os xeitos, desfrutaron co espectáculo, e unha vez no colexio, deunos pé nas aulas para falar de tantos agasallos como reciben por Reis, aniversarios... e o pouco ou moito caso que lles fan.

 

VISITA AO MERCADO DE 2ºA

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, aproveitando que estábamos a traballar os cartos, fomos visitar o Mercado que teñen montado na aula os nenos e nenas de 2ºA. Cada un levou os seus cartos e fixo unha pequena compra. Atendéronnos moi ben!

 

VISITA de ELVIRA MENÉNDEZ

   O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria comezamos esta última semana do mes de abril coa visita da escritora de moitos libros de literatura infantil e xuvenil Elvira Menéndez. Elvira non so é escritora tamén é actriz e guionista. Traballou en programas infantís como "Barrio Sésamo", "La Bola de Cristal", "La Cometa Blanca" e en series como "Hospital Central", "7 vidas"...

Hoxe estivo con nós e falamos do seu libro "La máquina maravillosa" un libro de ciencia ficción que nos cautivou a todos e todas dende o primeiro capítulo. A xuntanza resultou moi amena e entretida, nela compartiu con nós as súas vivencias e contestou a todas as nosas preguntas. Moitísimas grazas Elvira pola túa visita!

 

Cursiño de Reanimación Cardiopulmonar do Concello de Fene

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria aprendeu a realizar a Reanimación Cardiopulmonar.

 

Videoconferencia con Rebeca Atencia

Con motivo do 8 de marzo o centro está a traballar a diferentes mulleres científicas, aproveitaremos tamén o Entroido para facer unha particular homenaxe. 

O alumnado de 1º e 2º está a traballar á primatóloga Jane Goodall, fundadora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés en Tchimpounga (República Democrática do Congo), e hoxe tivemos a sorte de poder falar coa ferrolana Rebeca Atencia, quen está a cargo do mencionado centro.

 

Ademais, Rebeca Atencia é unha prestixiosa veterinaria, que recibirá o Premio 8 de marzo do Concello de Ferrol.

No seguinte video nos conta xurdiu o seu interese polos animais.

Moitas grazas!

 

 

 

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria disfrutaron moitísimo da visita ao Aquarium! Tamén aprenderon unha morea de cousas sobre os peixes e outros animais mariños e sobre os plásticos e como afectan os vertidos no mar!! Estiveron esperando para ver a Gastón, o tiburón da Sala Nautilus, pero estaba moi canso e decidiu non aparecer... así que fomos ver ás focas mentres comían! 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN "TERRAS DE SALITRE"

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha visita á exposición "Terras de salitre" da fotógrafa Cristina Mittermeier. Alí aprendemos sobre o mar de plástico e o que temos que facer para evitar que aumente de tamaño, descubrimos o que leva Cristina na súa mochila e vimos fotografías preciosas. Gustounos moitísimo!

 

ÁNXELA LOUREIRO visita o noso cole

   Hoxe foi un día completo no noso cole, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar con Ánxela Loureiro autora de "Laia, a nena da illa", a visita foi todo un éxito. Falamos do libro, que nos gustou moito, pero o que non imaxináramos era  que íamos rematar cantando e bailando.

Grazas Ánxela, foi unha charla inmellorable!!



Distribuir contido