Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Primaria

RUTA BELELLE

   O pasado 26 de setembro o alumnado de 5º e 6º fixemos a nosa primeira ruta de sendeirismo deste curso, acompañounos Humberto, mestre e  avó do noso compañeiro Xabi, que xa tiña feito esta ruta en anos anteriores co alumnado do noso cole. Foi un día xenial, non só nos acompañou el, tamén o bo tempo, a natureza e a ledicia de pasar un día xuntos.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO LIBROS

As datas para a reclamación son o 17 e 18 de xullo. As listaxes definitivas sairán o día 20 de xullo.

Visita á banda do Terzo Norte e ao Museo Naval

O martes 21 de marzo 1º e 2º de Educación Primaria fomos de visita a ver á banda do Terzo Norte no Cuartel de Dolores. Alí puidemos disfrutar dun concerto con varias cancións infantís como son A Pantera Rosa, Os Simpson ou Os Picapedra. Tamén aprendimos sobre os diferentes tipos de intrumentos da banda (vento-madeira, vento-metal e percusión) e sobre o director. Un dos nenos comprobou que non é doado dirixir unha banda de música ainda que che deixen a batuta, pero ao final fíxoo moi ben. E, como sorpresa, participamos nunha exhibición de cans adestrados

 

Despois fomos ao Museo Naval e alí nos ensinaron como se vivía nun barco, o que había na despensa, os aparellos que tiñan que utilizar os buzos, os camarotes... e moito máis!

 

21 de marzo - Día Internacional dos Bosques e das Árbores

O luns 21 de marzo para conmemorar o Día dos Bosques e das Árbores, contamos no cole coa visita dun carballo chamado Anxo Moure!

Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria concienciáronse un pouco máis da necesidade de coidar bosques e ríos e, ao finalizar, asistiron á plantación dunha árbore no patio do colexio. Mentres a plantaba, o xardineiro contounos un montón de cousas sobre como plantala e coidala para que medrara forte.

 

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

                                                   

   O martes 14 de marzo tivemos unha xuntanza o alumnado de 5º e 6º  con Andrea Maceiras, a autora de Volverás, golfiño. Andrea cautivounos a todos coa súa novela e na visita falamos non só de literatura senón tamén de xeografía. A Costa da Morte é o lugar onde se desenvolve a historia chea de misterio e segredos. Coa súa voz cálida e agradable contestou a todas as nosas preguntas e eso que eran moitas. Antes de marchar asinounos os libros así como o libro de visitas do cole Grazas Andrea!!!

 

 

 

          

          

          

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

O xoves visitou o noso cole o escritor Iago López autor do libro "O cociñeiro Martiño".Algúns dos nosos compañeiros axudáronlle  a Martiño a buscar os ingredientes para  facer un biscoito. Foi moi divertido.Pásamolo xenial!!!


Distribuir contido