Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Primaria

Rapazas de conto

Hoxe contamos no centro con Marisa Irimia, narradora oral que trouxo o Concello para conmemorar o Día da muller co espectáculo "Rapazas de conto". Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º disfrutaron moitísimo coas suas historias que fomentan os valores igualitarios e non discriminatorios por razón de sexo/xénero.

 

 

Visita da escritora María Canosa

Hoxe contamos coa visita de María Canosa, escritora de "O día que choveu do revés" e "Muriel", libros recomendados para o primeiro e segundo ciclo respectivamente.

SONORO EMPEÑO 5º E 6º

O día 23 de novembro fomos Afundación Abanca de Ferrol a exposición "Sonoro Empeño" aquí vos deixamos unhas imaxes para que poidades ver o ben que o pasamos. Ainda nos sobrou tempo para xogar nos Cantóns!!!

 



Halloween Arts & Crafts

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria axudaron a ambientar o colexio con estas portas feitas nas Seccións bilingües. Meten un pouco de medo pero encántannos!
Por outra banda os pequenos e pequenas de 1º e 2º de Primaria fixeron arañas e bruxas!
 

1º e 2º saimos de paseo por Fene

Aproveitando que estamos co tema da localidade dimos un paseo por Fene e fomos a ver algúns dos servizos que nos proporciona o Concello.

 

    

    

Distribuir contido