Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación primaria

O alumnado de sexto salva a nave dos soños en ITI Robótica!

Esta semana, en ITI Robótica realizamos unha actividade titulada A nave dos Soños que resultou un éxito entre o alumnado.

Conteilles que recibín un email moi estraño de Diodi, unha personaxe de Digicraft, no que me dicía que estabamos no ano 2060 e a humanidade se mudaba de planeta nunha nave espacial e tamén moi especial, con capacidade para albergar unha gran cantidade de pasaxeiros e pasaxeiras que viaxarían durmidas ata o seu destino en Próxima Centauri, a estrela máis cercana cun planeta capaz de albergar vida. A nave está equipada cos máis avanzados sistemas informáticos, pero un virus estaba facendo das súas e os sistemas da nave non funcionaban correctamente, por iso precisaba da axuda dos rapaces e rapazas de sexto para eliminar o virus e salvar á humanidade!

Os nenos e nenas tiveron que resolver diversas probas, conseguir códigos e descifrar mensaxes en clave, para ir arranxando as distintas estancias da nave, seguindo todo o fío condutor da narración que eu lles ía facendo segundo avanzaban na aventura. Foi moi emocionante ver como ían resolvendo os enigmas e finalmente, conseguían borrar o virus e restablecer os controis da nave para que esta puidera emprender a súa viaxe. Bo traballo!

 

 

O alumnado de sexto crea o seu avatar en ITI Robótica

Os rapaces e rapazas de sexto crearon os seus avatares na materia de ITI Robótica. Gustoulles moito realizar esta actividade e ademais, mirade que fotos de clase tan chulas nos quedaron. Adiviñades quen é quen?

FOTO DE CLASE DE 6º A

 

 

FOTO DE CLASE DE 6º B

O alumnado de sexto crea a personaxe dun videoxogo en ITI Robótica

O alumnado de sexto creou a súa propia personaxe para xogar a un videoxogo na materia de ITI Robótica. Despois de deseñar as personaxes, trasladáronas ao videoxogo e puideron botar unhas partidas coas súas propias creacións. Mirade que ben o pasaron:

 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS

Onte, xoves 26 de maio, o alumnado de sexto de primaria e de sexto de infantil foi a Radio Fene gravar un novo programa de Crónicas de Centieiras.

Foi unha experiencia moi interesante e unha gran sorte poder realizar a tarefa de auténticas locutoras e locutores de radio.

Ademais, fixérono de marabilla! Teñen potencial como profesonais das ondas radiofónicas.

Mirade que ben acompañadas e acompañados estivemos nesta saída. O alumnado de sexto de infantil tamén veu gravar o programa de radio con nós.

 

 

 

Permanecede atentas e atentos á próxima emisión de Crónicas de Centieiras, merecerá a pena!

8M Día da muller 2022

 

O martes 8 de marzo conmemoramos na escola o Día da muller.

Encontro con Andrea Maceiras

 

 

O venres 4 de marzo tivemos a gran sorte de coñecer a Andrea Maceiras, autora do libro A Folla Azul, galardoado co premio Merlín de literatura infantil 2020.

Contounos moitas cousas interesantes sobre a Amazonia e a tribo dos Kayapó, nos que se inspirou para crear a tribo dos Tacaré, á que pertence Husu Aké, a protagonista do libro.

Puidemos facerlle moitas preguntas sobre as personaxes, os animais e as situacións que aparecen no libro e foi un auténtico pracer poder falar con ela. Moitas grazas, Andrea!

DIGICRAFT 6º

 

                                                                                                               Digicraft 6º 

Digicraft é un programa educativo que ten como obxetivo formar ao alumnado entre 6 e 12 anos nas Competencias Dixitais que lles permitirán desenvolver o seu máximo potencial. O programa desenvólvese a través da metodoloxía Digicraft.  A metodoloxía Digicraft é unha proposta didáctica innovadora para desenvolver a Competencia Dixital a través do xogo e a experimentación

 

Aquí vos deixo unhas imaxes dalgunhas das actividades que xa levamos a cabo na nosa aulaRisa

 

 

PASAMOS DE CENTIEIRAS Á ESO

 

   O alumnado de 6º está desfrutando do seu último trimestre no cole. O pasado venres 23 de abril tivemos unha xuntanza virtual organizada pola nosa orientadora Lorena  e o orientador Benigno  do CPI A Xunqueira.

Na videochamada Benigno  explicoulles aos nenos e nenas como será a nova etapa educativa que comezan para o próximo curso.

A charla foi moi amena e participativa e Benigno resolveu todas as inquedanzas e preguntas dos noso alumnado. Temos que agradecer a Lorena e Benigno esta iniciativa para coñecer de antemán a nova etapa educativaque lles agarda.

         

 

        

 

EMOTICENTI: Ioga con Antía

    Como sabedes este curso o noso proxecto EMOTICENTI trata sobre o benestar físico e emocional. O alumnado de 6º andaron a investigar sobre os beneficios e as vantaxes de practicar ioga, Antía, nai dunha das nosas alumnas e mestra de ioga, preparounos unha sesión especial na que nos resolveu unhas cantas dúbidas. A xornada foi un éxito, unha boa experiencia para todos e todas.  Deixámosvos unhas fotos dos grupos e un anaquiño do comezo da sesión no enlace.

              

SESIÓN DE IOGA

Distribuir contido