Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación primaria

Titorial acceso Aula Virtual CEIP Plurilingüe de Centieiras

Debido á situación de alongamento da suspensión das clases presenciais, desde o centro atopamos a necesidade de reorganizar a forma de traballo. Así, A PARTIR DO LUNS 27 DE ABRIL as actividades didácticas estarán na AULA VIRTUAL á que tedes acceso dende a web do centro, na esquina superior esquerda:

Para facilitar o acceso, déixovos un titorial no documento adxunto cos pasos que debedes seguir para acceder e enviareivos por abalarMóbil unha mensaxe cos vosos usuarios

Deste xeito, esperamos poder organizar mellor a comunicación co alumnado, a posibilidade de facer videoconferencias e un mellor seguimento do traballo que están a realizar de cara a avaliación do terceiro trimestre.

Desculpade as molestias que vos poidamos ocasionar debido aos constantes cambios, pero nós, como centro educativo e como profesorado, tamén nos atopamos ante unha situación de incerteza e só pretendemos poder chegar ao maior número de alumnado posible e do mellor xeito que atopamos. Cremos que o uso desta plataforma simplificará a complicada tarefa que alumnado, familias e profesorado temos ante nós.

Un saúdo

Isa

DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Hoxe é o Día do Libro e do dereito do autor e queremos celebralo con vós a través das aportacións que fixestes a "Fame de Palabras". Disfrutádeo!

bibliocenti.blogspot.com

RETOS EF NO CONFINAMENTO (20 ao 24 abril)

Ola rapaces e rapazas!

Déixovos unha serie de retos para levar a cabo. Seredes capaces de superarvos a vós mesmos? As explicacións están en catalán, pero fan unha demostración do reto polo que é facilmente entendible. A por elo!!!

 

 

 

-           Salta comigo: https://youtu.be/b_xGJqGcDas

-           Quen se achega máis?: https://youtu.be/ZPomffax4DI

-           Baixo canastra: https://youtu.be/tfyzxVQhZeU

-           Érgome sen que me caia o rolo: https://youtu.be/Iw9cNYlRL5w

-           Aplauso pelota: https://youtu.be/MrQvEvUyvwg

-           Quen encesta máis?: https://youtu.be/aBZa3iTemXM

SUXERENCIAS DIDÁCTICAS CCSS (Semana do 20 ao 24 de abril)

Ola rapaces/as!

Déixovos outros vídeos curtiños (o máximo dura 5 minutos), para seguir afondando en contidos xa estudados. Espero que sexa do voso agrado.

Apertas varias e bicos a chea!

Que é un Asteroide? (preme aquí)                    O Sol (preme aquí)                    A Lúa (preme aquí)

Os eclipses (preme aquí)                    Meridianos e paralelos, latitude e lonxitude (preme aquí)

TAREFAS 6ºEP (Inglés)

Hello, hello!

How are you?

Here you have a new Reading Comprehension activity

about Helping others: click here.

I hope you like it!

Bye!

 

 

 

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O 21 DE ABRIL 6º

Bo día.

A continuación adxunto a proposta para hoxe.

Un saúdo.

PROPOSTA DE TAREFAS 6º EP (luns 20 de abril)

Bo día a todas e todos!

Como cada luns, deíxovos aquí as novas propostas de tarefas para esta semana. Xa están tamén publicadas no blog https://osextopinocentieiras.blogspot.com/

LINGUA GALEGA:

Unha actividade divertida que seguro que fixestes durante estas semanas é unha sesión de cine na casa. Só necesitamos unha boa película, sofá e se temos flocos de millo, moito mellor!

Polo tanto, durante esta semana gustaríame que fixerades unha recomendación dunha película que vistes estes días e que vos gustou.

Para escribir a vosa recomendación, usade o seguinte guión, que consta de dúas partes, ficha técnica e crítica:

1.FICHA TÉCNICA (Recompila a información básica dunha película) 

a)    Título

b)     Dirección

c)     País

d)     Ano

e)    Duración

f)     Xénero: Hai moitos xéneros, por exemplo, infantil, comedia, drama, intriga, terror, fantasía, animación, acción, ciencia ficción, documental... Unha película pode pertencer a máis dun xénero, por exemplo, pode ser, infantil, de animación e comedia.

g)    Reparto: É o conxunto de actrices e actores que sae na película. Non fai falla que poñades todo o reparto, que normalmente é moi amplo, só as actrices e actores que fan os papeis principais.

h)   Sinopse: É un resumo breve do argumento do filme, é dicir, de que trata, pero sen desvelar nada importante da trama nin o desenlace.

 

2.CRÍTICA (Opinión persoal sobre a película)

A crítica é unha valoración persoal, na que o autor ou autora explica que opina do filme. 

Nesta parte, podedes dicir se vos gustou ou non, pero sempre explicando por que, cales son os vosos personaxes favoritos, se considerades que os actores e actrices fan ben o seu papel, se credes que é unha película entretida, se vos parece demasiado longa ou non, se vos gustou o final ou, se pola contra, levastes unha decepción, etc., pero sempre sen contar o final do filme.

Moitas críticas tamén empregan estrelas para valorar as películas (5 estrelas = moi boa; 4 estrelas = boa; 3 estrelas = interesante; 2 estrelas = regular; 1 estrela = mala) ou un código de cores (verde = boa; amarelo = regular; vermello = mala).

Esta semana toca converterse en críticas e críticos de cine, así que luces, cámara e ACCIÓN!

 

LENGUA CASTELLANA:

Imaginad por un momento que tenéis delante al COVID-19 y podéis hablar con él. ¿Qué le diríais? ¿Qué os contestaría el virus?

Os propongo escribir un diálogo en primera persona entre vosotros y el mismísimo coronavirus.

Recordad que los diálogos, para diferenciarlos de la narración, van precedidos por una raya o guión y terminan con el signo de puntuación correspondiente: punto y aparte, cierre de interrogación o cierre de exclamación. Vamos a ver algunos ejemplos:

—Estoy algo cansado.

Observad que no hay espacio entre la raya y la primera letra.

Para introducir una aclaración del narrador, se utiliza también la raya o guión:

—Estoy algo cansado —dijo él.

—Estoy algo cansado —dijo él—. Me voy a mi casa.

Si la frase del diálogo no está completa, pero le correspondería otro signo de puntuación (como una coma), éste se pone como en el ejemplo anterior con el punto: —Estoy cansado —dijo él—, y eso que he dormido bien.

¡Estoy deseando leer vuestras conversaciones con el coronavirus!

 

Consejos básicos a tener en cuenta para escribir a ordenador:

1.Dejad solo un espacio entre cada palabra.

2.Para cambiar de línea se utiliza la tecla intro o enter, no la barra espaciadora.

3.Nunca se deja un espacio antes de un punto, una coma o cualquier otro signo de puntuación, excepto la raya del diálogo.

4.Siempre se deja un espacio después de un punto, una coma o cualquier otro signo de puntuación, excepto la raya del diálogo.

 

MATEMÁTICAS:

Repaso de fracciones y números decimales

Repaso de múltiplos, divisores, números primos y reglas de divisibilidad

 

Finalmente, déixovos estas tarefas en pdf nun arquivo adxunto, por se queredes descargalo ou imprimilo.

Unha aperta e moito ánimo!

Isa

 

TAREFAS 6ºE.P. (Inglés)

Hello, hello!
How are you today?

Let´s take a look at these activities:

a) Wh- questions quiz! 

    Write your name first!

b) Complete the sentences

    Write your name first!

I hope you like it!

Bye!

Distribuir contido