Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación primaria

PASAPALABRA CCSS

Ola rapaces e rapazas!

Déixovos uns enlaces para seguir reforzando conceptos e aprender outros novos sobre o que estamos a repasar (O UNIVERSO). Para elo farédelo por medio do coñecido xogo de televisión, PASAPALABRA. Tratade de averiguar o rosco sen errar nin unha soa vez. Seredes capaces? Pinchade en cada unha das imaxes.

                

 

TAREFAS 6ºEP (Inglés)

Hello, hello!

How are you today?

Let's take a look at these activities:

a) MOSAIC: Past Simple review.

b) CROSSWORD: Irregular verbs.

c) UNSCRAMBLE THE WORDS: Past Simple sentences.

I hope you like it!

Novas propostas de tarefas para 6º EP (semana do 30 de marzo)

Estimadas familias e alumnado de sexto:

 

Xa están dispoñibles na Aula Virtual de Santillana as novas propostas de actividades de Matemáticas e Lingua Castelá para esta semana.

En canto a Ciencias da Natureza, propóñovos esta actividade titulada Experimentando coa materia, na que atoparedes dous sinxelos experimentos que poderedes facer na casa e actividades relacionadas con eles.

Lémbrovos que os que aínda non o fixestes, podedes enviarme os vosos vídeos coa exposición dos temas 5 e 6 de Naturais ao correo clasesextocentieiras@gmail.com. Queremos vervos!

Para Lingua Galega, propóñovos redactar unha receita de cociña, preferiblemente unha receita que fagades estes días na casa. Máis abaixo atoparedes un documento pdf adxunto cun guión para redactar a receita e un exemplo que podedes usar como modelo. Podedes enviarme as vosas receitas ao correo eléctrónico clasesextocentieiras@gmail.com e publicareinas no blog da nosa clase para que todas e todos poidamos probalas nas nosas casas.

Recordade que se tedes dúbidas de vocabulario ou ortografía durante a redacción da receita, podedes consultar o Dicionario da Real Academia Galega en liña.

Agardo ver pronto os vosos traballos.

Moito ánimo para afrontar esta terceira semana de confinamento!

Apertas 

 

Isa

 

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O MARTES 31 DE MARZO

Cantamos e bailamos “Quédate en tu casa”

Recordamos as posicións da frauta e seguimos repasando a escala musical.

Repasamos na frauta o “Si”,o ”la” e “sol” con Move your body.

Seguimos practicando Titanic

Xogo: Trivial musical

CORONAOCA DEPORTIVA!!!

corona oca deportiva reducida

Pinchade na imaxe para descargalo.

 

#FicaNoLar e #Móvete

Queridos alumnos/as e familias!

 Sí, seguro que o estades pensando. Que ocorre coas as clases de Educación Física?  Por que o profe Abel non nos mandou tarefas ao igual que o resto do profesorado? Ben, lamentablemente non todo o mundo dispón do mesmo espazo para vivir. Aqueles que teñan casa e non piso, teñen moitas máis facilidades de poder exercitarse. Aínda así non teño desculpa polo que vouvos dar varias ideas, e se vos apetece e tedes espazo, poñédelas en práctica.

 Comezamos cun xogo da OCA que atopei por Internet para participar en familia, desenvolvido por un mestre de EF dun cole de Murcia. Moi, moi orixinal. Eu xa o puxen en práctica coas miñas pequechas. ATREVÉDESVOS?

ENGLISH: Past Simple

Hello, hello!

Let´s take a look at these activities:

1) Listening comprehension

    https://englishlistenings.com/archives/720

2) Unscramble the sentences

     https://www.liveworksheets.com/worksheets/en/English_as_a_Second_Language_(ESL)/Past_simple/Past_Simple_unscramble_the_sentences_so7203cu

 

I hope you like it!

Tarefas de Matemáticas e Lengua da aula virtual Santillana en pdf

Bo día a todas e todos!

En vista de que algúns de vós estades tendo dificultades para atopar as actividades na aula virtual Santillana, déixovolas en pdf nuns documentos adxuntos que atoparedes ao final deste texto. Deixo só as de Matemáticas e Lengua, esquecédevos das de Naturais.

Para enviarme as tarefas podedes esoller o método que mellor se adapte ás vosas circunstancias:

- Podedes imprimir os documentos en pdf e facer as actividades no propio documento. Unha vez feitas, podedes escanear os documentos ou sacarlles fotos e mandarmas ao enderezo clasesextocentieiras@gmail.com

- Podedes facer as tarefas nun papel que teñades na casa, escanealo ou mandarme as fotos ao enderezo clasesextocentieiras@gmail.com

- Podedes facer as tarefas a ordenador nun documento de word en enviarmo en word ou pdf ao enderezo clasesextocentieiras@gmail.com

Un saúdo e boa fin de semana!

Isa

TAREFAS 6ºE.P. (Inglés)

Velaquí tedes novas actividades para repasar o vocabulario da unidade Let´s communicate!

a) FLASHCARDS

    https://quizlet.com/es/498675965/lets-communicate-flash-cards/

b) MULTIPLE CHOICE 

    https://quizlet.com/498675965/learn

c) WRITE

    https://quizlet.com/498675965/write

d) LISTEN 

    https://quizlet.com/498675965/spell

e) GAME: Match 

    https://quizlet.com/498675965/match

f) GAME: Gravity

    https://quizlet.com/498675965/gravity

NOVOS CONTIDOS DE CCSS

Ola rapaces e rapazas!

Apetécevos novos e diversos enlaces para visionar e practicar? Reforzariamos contidos xa desenvolvidos ao longo do curso. Así pois, depende únicamente de vós. Os enlaces déixovolos eu. Comezaremos polo UNIVERSO.

·         Vídeos

O Universo:       https://www.youtube.com/watch?v=Ok7Vgi8EZzQ

O Sistema Solar:              https://www.youtube.com/watch?v=CVggtqgOcdo

O Sistema Solar para rapaces/as:            https://www.youtube.com/watch?v=pS7p6FfU4bE

·         Tarefas interactivas

O Universo e o Sistema Solar:  http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/02_Cmedio/datos/05rdi/ud06/unidad06.htm

O Universo:

https://cplosangeles.educarex.es/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/el_universo/el_universo/el_universo.html

This is Pop Art! Arts&Crafts

Las profes de Arts del cole hemos hecho una pequeña unidad sobre el movimiento Pop Art y os animamos a que hagáis todas las láminas que os gusten que veréis adjuntas a continuación siguiendo los modelos. ¿Te apetece?

Primero, un poco de información sobre lo que es Pop Art y sus principales autores:

¿A que es divertido? ¡Mira los PDF que están abajo  y prueba tú!

Puedes enviarnos una foto de tu lámina con tu nombre al correo ceip.ascentieiras@edu.xunta.es y las publicaremos en la web. Y si te atreves con un diseño propio, ¡mándanos una foto!

Welcome Spring!

 
Distribuir contido