Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación primaria

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Os nenos e as nenas de sexto de Educación Primaria remataron a escolarización neste Centro , e posaron así de contentos para a foto.
Isto non é unha despedida. ..é un ATA SEMPRE..con todo o noso corazón! !
Lembrade que aquí teredes sempre a vosa segunda casa, e que as mestras e os mestres estarán encantados de recibirvos cos brazos abertos!!


                                  SORTE NA NOVA ANDADURA!!

 

           

           JOSÉ                                   HUGO                               CAROLINA

          

      DAVID CALVO                      DAVID CASTRO                     MARCOS

          

           LUCÍA                                  IRENE                                ÓSCAR

          

           NAHUEL                              SABELA                                ADRIÁN

                                                              CELIA

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º EP

O alumnado de 6º de EP acompañados da titora, Carmen e da mestra de PT, Maribel, saimos de excursión a Cabárceno.

A primeira parada foi en Oviedo onde visitamos o Teatro Campoamor, o Concello, e vimos as estatuas da Regenta, de Woody Allen e Mafalda…

Xa pola tarde visitamos Covadonga, e pola noite chegamos ao noso destino: o albergue de Suances, en Cantabria.

Alí fixemos moitas actividades como tirolina, rocódromo, tiro con arco, paint ball láser, piscina…..e o máis chachi...as veladas de xogos nocturnos e A DISCOTECA.

Pasamos un día coñecendo o Parque Natural de Cabárceno onde nos ensinaron moitas cousas sobre os animais que alí había.

Tamén demos una volta por Santander, pola Magdalena.

E percorremos Santillana del Mar a través dunha gymkana de xogos para coñecer o pobo.

A experiencia foi moi boa e quedamos encantados coas monitoras Nuria, Ruth, Patri e, como non, con Mónica a conductora que nos levou todo o camiño coa música que nós eleximos: chunda,chunda…

Nunca esqueceremos esta viaxe!

Foi magnifica!

O alumnado de 6ª de EP. Curso 15/16

       

 

         

Alimentación saudable

O mércores 25 veu visitarnos Ana, de Eroski, para darnos unha charla sobre hábitos de vida saudables. Despois da charla, que tivo lugar na biblioteca do noso cole, fomos visitar o supermercado de Eroski que está frente do aparcamento do Centro. Alí visitamos as distintas seccións: frescos, panadaría, pescadaría, carnizaría...onde o encargado de cada apartado explicounos en que consistía o seu traballo e os útiles que empregaba. Cando vimos todas as instalacións ofrecéronnos unha merenda a base de froita exquisita. Ata probamos froitas como pomelo, mango... As imaxes falan por si soas.

Saímos cun agasallo que nos encantou : unha mochila chea de produtos saudables para coidar a nosa alimentación. Agradecemos a Eroski a súa colaboración.

Moitas grazas!!

 

  
     
 
   

 

            

FESTA DO ATLETISMO

Un ano máis celebramos o venres a xornada de Atletismo divertido organizada polo Concello de Fene. Pasámolo xenial compartindo  xogos con compañeiros e compañeiras do CPI A Xunqueira.
Foi estupendo! !!

     

DÍA DA MULLER

 En todo o cole conmemoramos o 8 de marzo, Día da muller, facendo diferentes actividades sobre Malala, a primeira nena Premio Nobel da Paz en 2014, loitadora polos dereitos das nenas en Pakistán, o seu país.

Os nenos e as nenas de 6º de Primaria,ademais de participar no mural da parede do cole, fixemos tamén outro mural coa frase de Malala que máis nos gustou… ten moitas, pero esta ten un significado especial.

“Se os demais calan, nós non calemos

loitemos por defender os nosos dereitos”.

                 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS.PROGRAMA DE RADIO FEBREIRO 2016.

Este mes fixeron o programa de radio os nenos e as nenas de terceiro e sexto; coma sempre o noso agradecemento a Radio Fene por darnos esta oportunidade!!!

Podedes escoitalo en directo o venres 26 ás 12 da mañá en Radio Fene no 107.7 FM ou no enlace do programa.

(Pinchar na radio para escoitar o programa)

 

                                            

  

                                       

 

                                       

 

                                                            

TENDA DE ANTROIDO

As nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria armamos unha tenda con productos típicos desta época co fin de recadar fondos para a nosa excursión de Fin de curso a Cabárceno.

Grazas a todas as familias por colaborar facendo doces a tarde do xoves….un cento de bicos para eles!!!

E grazas tamén a todos os que viñeron a nosa festa e mercaron na tenda….porque o resultado foi fantástico!!!!!

Estamos moi contentas e contentos!!!!

 

Distribuir contido