Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación primaria

NOVAS PROPOSTAS CCSS (SEMANA 13 ao 17 Abril )

Ola campións e campionas! Porque así o sodes todos e todas os/as nenos/as do noso colexio. Se xa ten mérito o que fai un adulto... para máis fincapé o que estades a facer vós. CHAPEAU!!! Estádelo facendo xenial!!! que xa vos vexo polo blogue, eh!Guiño

Imos cuns vídeos curtiños sobre a Terra, en xeral, e sobre os dous movementos que realizaba o noso planeta. Nas vindeiras comunicacións colgareivos outros para seguir reforzando contidos. Ánimo!, que xa quedou máis. 

A Terra (premer aquí)          O movemento de rotación (preme aquí)          O movemento de traslación (preme aquí)

 Apertas varias e bicos a chea!

 

Tarefas para 6º EP (luns 14 de abril)

Boas de novo!

Agardo que desfrutarades destas vacacións de Semana Santa, aínda que tiveramos que quedar na casa, e que comecedes esta nova etapa con ganas de seguir repasando os contidos traballados ao longo do curso e de compartir as vosas experiencias con nós.

Para comezar, déixovos esta proposta de Matemáticas. Trátase dun recurso centrado na resolución de problemas, polo tanto teredes que empregar a lóxica e o razoamento para ir solucinando cada actividade.

Para Lingua Castelá, propóñovos escribir unha redacción na que expliquedes que é o que máis vos apetece facer cando poidades saír da casa, a quen queredes ver, a onde vos gustaría ir... Lembrade que se tedes dúbidas de ortografía ou vocabulario, podedes consultar o dicionario en liña da Real Academia Española. Mandade as vosas redaccións nun documento de Open Office Writer ou Microsoft Word ao enderezo clasesextocentieiras@gmail.com e eu publicareinas no blog de clase para que todas e todos poidamos desfrutar léndoas.

En canto a Lingua Galega, gustariame que compartirades con nós algunha actividade, manualidade ou debuxo que fixerades durante estes días de confinamento. Explicade en que consistiu a actividade, como se vos ocorreu facela, con quen a fixestes, que materiais empregastes e por que vos gustou facela. Xa sabedes, se tedes dúbidas de ortografía ou vocabulario, podedes consultar o dicionario en liña da Real Academia Galega. Podedes engadir algunha foto da actividade ou manualidade e mandala xunto co voso texto escrito en galego nun documento de Open Office Writer ou Microsoft Word ao enderezo clasesextocentieiras@gmail.com. Sei que todas e todos sodes moi creativos, así que estou desexando ver que marabillas fixestes!

Tamén podedes seguir enviando os vosos vídeos coa exposición de Ciencias da Natureza e as vosas receitas, se aínda non o fixestes. Mirade no blog que cantidade de cousas ricas prepararon xa as reposteiras e reposteiros de sexto! Non sei cando imos saír da casa, pero o que sei é como… imos saír rodando!!!

Por último, déixovos ao final desta entrada a solución ás tarefas de Matemáticas da Aula Virtual Santillana propostas o 30 de marzo nun documento adxunto, aínda que, como sabedes, xa vos fun corrixindo individualmente todas as que me enviastes por correo electrónico.

 

Unha gran aperta e moito ánimo!

 

Isa

 

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO: " FAME DE PALABRAS"

Bo día.

Desde a biblioteca queriamos facervos unha proposta para o Día do Libro. Podedes ollala no blog da

biblioteca: https://bibliocenti.blogspot.com/2020/04/fame-de-palabras_14.html

Animádevos a participar!

 

Un saúdo.

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O 14 DE ABRIL

Bo día!

A continuación adxunto a proposta para hoxe.

Un saúdo.

EASTER TIME!

Hello, hello!

How are you today?

Let´s take a look at this All about Easter presentation.

Here you will learn more about this celebration and play fun games!

I hope you like it!

HAPPY EASTER!

 

All about Easter

Actividades de religión

HOLA, HOLA ,HOLA, NIÑOS

Aquí tenéis unas pequeñas cápsulas de diversión.

Hay que hacerlas de una en una, pero, si no quedáis contentos,  podéis hacer de dos en dos.

Este Arco Iris es para colorear TODO EL ALUMNADO y escribir en las nubes las frases que queráis

FELICES PASCUAS

Eli's daily routine!

Elizabeth is fine at her home in Spain. Do you want to know what she does every day? Watch the video!

 

She proposes us to do a worksheet about daily routines. Are you ready? Find it below, download it and complete it!

Tarefas de Matemáticas Aula Virtual Santillana en pdf

Boas tardes!

Déixovos no documento adxunto as tarefas de Matemáticas da AVS propostas o luns 30 en pdf, só para aquelas ou aqueles que non podedes facelas na plataforma de Santillana e mas pedides neste formato. O alumnado que xa as fixo na aula virtual ou mas enviou por email, por favor, esquécevos disto. Estou recibindo e corrixindo tarefas por duplicado e, en ocasións, por triplicado. Se xa as fixestes dun xeito, non as tedes que repetir en todos os formatos existentes, que son soamente distintas opcións para que cada persoa poda escoller as que mellor se adapten ás súas circunstancias.

Un saúdo

Isa

TAREFAS 6ºEP (Inglés)

Good morning!

How are you today?

Let's take a look at these activities:

a) GAME: WH-questions

b) WORKSHEET: Wh-questions (present simple)

c) WORKSHEET: Wh-questions (past simple)

I hope you like it!

 

Solucións tarefas Aula Virtual Santillana da semana do 23 de marzo

Ola de novo, alumnado e familias!

 

Déixovos por aquí as solucións das tarefas da Aula Virtual Santillana da semana pasada, aínda que xa as corrixín individualmente na propia plataforma e tamén por correo electrónico aos que mas mandastes así, pero por se queda alguén despistado ou despistada, aquí as tedes en documentos pdf.

A semana que vén, farei o mesmo coas tarefas que vos propuxen o luns 30 de marzo, que como ben sabedes, xa estou corrixindo tamén na Aula Virtual e por email.

Ánimo rapazas e rapaces, estádelo facendo moi ben!

 

Apertas

 

Isa

Distribuir contido