Visita de Antonio García Teijeiro

 

O luns 15 de xaneiro tivemos a satisfacción de recibir no noso colexio a Antonio García Teijeiro, poeta que vén de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil co seu libro "Poemar o mar".

O alumnado de 5º e 6º participou nesta charla na que escoitaron de viva voz as motivacións do autor para escribir, os seus comezos, as súas afeccións -ademais da literatura- falou do seu pasado como xogador de balonmán, como profesor etc. e tamén os seus consellos cara á poesía.

Foi unha ocasión estupenda para escoitar a voz dun escritor comprometido coa literatura e co mundo infantil desde fai tantos anos. E como colofón un conselliño: "En cada mesa de noite, en cada andel da habitación dun neno debe haber un libro de poesía". Así, se len cada día un poema, serán 365 poemas... 366 se febreiro ten 29, como ben lle dixo un alumno.Guiño

No Faro da Escola do martes 16 de xaneiro hai unha reportaxe na que sae esta visita ao noso colexio e nela podedes ler un resume da mesma.

 

O Festival de Nadal en vídeo

Aquí tedes un vídeo do que foi o Festival de Nadal realizado, como cada ano, no Centro Cultural de Cedeira. Un gran día no que celebramos con cadansúa actuación a chegada das festas navideñas.

Todo saiu a pedir de boca, mesmo o chocolate que seguiu ao Festival, proporcionado, como non, pola Anpa do colexio.

 

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL 2017

"A lectura fainos mellores persoas".

Antoine de Saint-Exupéry

Fai clic na imaxe para ver a guía de lecturas.

 

Concurso de debuxo "Pobos indíxenas"

Para decorar o proxecto deste curso propuxemos un concurso para elixir o debuxo de portada. Houbo moita participación, unha mostra dos "artistas" que nos rodean. Botade unha ollada. Tamén podedes ver o debuxo gañador, que será o logotipo do proxecto.

 

 

EXPOSICIÓN: "O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO"

19/09/2017
Atlantic/Bermuda

 

Inauguramos o curso escolar 2017-2018 recordando ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares.

 Na planta baixa do colexio pódese contemplar unha colección de case cen libros en diferentes linguas e dialectos do mundo, da novela de Saint- Exupéry:  “Le Petit Prince” (O Principiño) que Carlos Casares traduciu ao noso idioma en 1972.

  A exposición pódese visitar ata o día 30 de setembro.

Poden visitala a primeira hora e ultima hora da mañá(de 9 a 10h e de 13 a 14 h.), de 15h. a 16h. e os martes pola tarde dende as 15h. ata as 19 horas.

 

  Convídamolos a que aproveiten esta ocasión para visitar e gozar con esta mostra tan particular e única.

 

     Podedes entrar no blog da biblioteca para ter máis información

 

            http://contintadechoco.blogspot.com.es/

O CEIP DE CEDEIRA NA TVG

05/05/2017 09:32
Atlantic/Bermuda

O pasado martes 9 de maio, a canle autonómica de televisión de Galicia (TVG) emitiu un programa, sobre as 10:30 da noite, titulado “O MELLOR CHOCO DO MUNDO” no que se fixeron reportaxes de diversos lugares da provincia, e entre eles, Redondela, onde falaron de como capturaban os chocos e tamén fixeron unha reportaxe no CEIP de Cedeira, xa que a nosa mascota da Biblioteca tamén é un choco, “O Choco Tinteiro”. Estiveron falando co director Xosé Luis, con distintos mestres e mestras do centro e co alumnado. Explicáronlle como xurdiu a idea da nosa mascota e o que representa tanto para os mestres e mestras como para o alumnado. Podedes ver o referente ao noso cole a partir do minuto 42:41

IN MEMORIAM

 

Homenaxe á nosa compañeira e mestra: Marga Maderal Cal.

COÑECENDO AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

 

O martes 2 de maio, recibimos a visita do clube AROMÓN – montañeiros de Pontevedra – A Roelo, que organiza e realiza carreiras de orientación, que se vai encargar de organizar unha en Redondela o vindeiro Domingo 7 de maio ás 10:00, polas rúas do centro.

O monitor contounos en qué consistían as carreiras de orientación, que material se precisaba, como interpretar os planos e que elementos hai neles e como identificar os postos de control do percorrido da carreira. Resultou moi interesante e o alumnado amosou bastante interese. Animounos a inscribirse na carreira de iniciación do domingo e a pasar un rato divertido facendo un deporte tan completo coma este.

 

SAÍDA AO CENTRO DE RECURSOS DA ONCE DE PONTEVEDRA

 

O departamento de orientación organizou unha visita á fundación ONCE de Pontevedra para que os alumnos tivesen un maior coñecemento das actividades que se realizan nesta fundación.

Antes da saída, fíxose na aula unha charla-coloquio sobre a ONCE para ter en conta as súas ideas e coñecemento sobre esta organización previa á visita.

Xa en Pontevedra, comezouse cunha charla informativa sobre a función da ONCE seguida de varias actividades, nas que os alumnos/as intercambiaron roles de persoas con discapacidade visual e acompañantes guía, escribiron á máquina en braille e pasaron por distintos departamentos nos que se lles explicou como funcionaban os ordenadores e teléfonos móbiles para este tipo de personas, impresións e materiais adaptados,  etc.

       Foron actividades moi entretidas e cheas de valores sociais e cívicos nas que os profesionais deste centro tiveron aos alumnos motivados en todo momento acadando un maior coñecemento sobre esta fundación e concienciados sobre esta realidade tan cercana a eles.

INFANTIL ACHÉGASE AO SALÓN DO LIBRO

 

Os nenos e nenas de infantil visitaron unha vez  máis o Salón do Libro de Pontevedra que este ano celebra a XVIII edición co lema “O mundo que queremos”.

Pasamos unha mañán estupenda percorrendo a exposición de traballos dos diferentes colexios participantes.

Tamén asistimos ao espectáculo de percusión Invención, do grupo Odaiko.

E por último merendamos nun novo espazo do Pazo de Congresos, acondicionado para que os nenos e nenas merenden  mentras   disfrutan da compañía de  libros marabillosos.

Agardamos con ganas a próxima edición.

 

Powered by Drupal - Design by artinet