CHARLA DA ASOCIACIÓN "ÉRGUETE"

Este curso o alumnado de 6º recibiu de novo unha charla sobre adiccións e drogodependencias por parte das formadoras da Asociación Érguete que, en colaboración co Concello de Redodnela, vén desenvolvendo esta actividade para os colexio de Redondela.

COLABORACIÓN CON SAVE THE CHILDREN

Aquí temos a comunicación que enviou Save the Children sobre o importe acadado na carreira solidaria que realizamos por mor do Día da Paz.

Agradecemos a todos e a todas  a colaboración con esta causa.




AS MULLERES DA NOSA VIDA

Para conmemorar o Día Internacional da Muller elaboramos un mural coas fotos que as familias aportaron e nas que aparecen as "mulleres máis representativas na vida do alumnado" que son, en todo caso, as que están máis preto deles/as.




Día 8 de marzo: DÍA DA MULLER.

O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller. A reivindicación de igualdade de dereitos das mulleres ten unha tradición centenaria. Con todo, foi en 1975 cando a ONU fixo oficial esta data como o Día Internacional da Muller

 

Pero esta data non é arbitraria, ten que ver con distintos sucesos que se produciron nos séculos XIX e XX.

 

Un deles ocorreu o 8 de marzo de 1857, cando centos de mulleres dunha fábrica de textiles de Nova Iorque manifestáronse co lema "PAN E ROSAS", en contra dos baixos salarios e do traballo infantil. 

Esa xornada rematou coa sanguenta cifra de 120 mulleres mortas pola brutalidade coa que a policía dispersou a marcha. Iso levou a que dous anos despois, as traballadoras fundaran o primeiro sindicato feminino.


COCIÑA SAUDABLE CON VEGALSA

Hoxe o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro de cociña saudable patrocinado por Vegalsa e elaborou unha filloa salgada, que eles mesmos cociñaron. Parece que estaba moi riiiiica!

 

ENTROIDO 2019

Como cada ano celebramos o Entroido con moitas actividades: degustación de doces da época, presentación de comparsas no colexio e desfile polas rúas de Cedeira, queima do meco, que este ano foi "Fedorento".

Pasámolo moi ben acompañad@s das familias que se achegaron para participar nesta celebración. Grazas a tod@s pola colaboración! 

  

25 DE FEBREIRO DE 2019: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NO CEIP DE CEDEIRA

 

 

Cada 24 de febreiro homenaxéase á escritora Rosalía de Castro porque é a data do seu nacemento. Como este ano cadra en domingo, no colexio celebrámolo o venres 22.

 

Rosalía viviu e escribiu no século XIX pero temas como a defensa da lingua galega, a emigración, a soidade, a pobreza, a fame, os abusos… que ela denunciaba,  seguen estando presentes no século XXI .

 

Coa lectura de poemas da autora traballados nas aulas, o alumnado de 6º realizou novas composicións. Rematamos o acto co recitado de poemas diante dun mural creado coas aportacións de tódalas aulas.



 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Con algúns días de retraso por mor da climatoloxía, por fin celebramos o DIA DA PAZ 2019. 

Colaboramos con SAVE THE CHILDREN, un ano máis, e o alumnado buscou patrocinadores para aportar a nosa pinguiña de solidariedade cos que máis o precisan.

Foi unha mañá moi agradable e todo trancorreu sen incidentes. Como remate cantamos a canción "Pingas de paz" e tamén o xa célebre "Tren da Paz de Cedeira".

Botade unha ollada ás fotos.

  

13 DE FEBREIRO: DÍA DA RADIO

Todos os anos, chegado o día 13 de febreiro, a radio está de festa xa que se celebra o Día Mundial da Radio.

No colexio de Cedeira queremos festexalo cunha gravación na que participaron tod@s @s nen@s do colexio, ben sexa falando, lendo ou cantando.

Aproveitamos o noso proxecto deste ano "A auga busca camiño" para facer unha lectura colectiva do libro "A música da auga" de Anxo Moure e Servando Barreiro.

Tamén cantamos a canción "Pingas de paz" coa que quixemos conmemorar o Día da Paz.

Facede click no enlace para escoitar a gravación.

 

 

 

O MEDIO AMBIENTE GAÑA COA RECOLLIDA DE PILAS EN CEDEIRA

O día 31 de xaneiro viñeron recoller as pilas que tiñamos no colexio.

Conseguimos encher tres contedores e, ao pesalos, xuntaron 222,65 kilogramos.

Grazas todos e a todas pola participación e, aínda que non gañemos o concurso, quen gaña é o MEDIO AMBIENTE.Risa

Powered by Drupal - Design by artinet