OBRADOIROS DE COCIÑA "TERRORÍFICA"

Como o proxecto deste ano é "12 MESES - DOCE", aproveitamos para facer obradoiros de cociña de Samaín nos que procuramos empregar alimentos o máis saudables posible. Por iso exprimimos os miolos e preparamos unhas deliciosas viandas. Cada cursos esmerouse en preparalos e iso que esa mesma mañá a primeira hora caeu un lóstrego no pararraios do colexio e estivemos sen luz, sen ordenadores, sen teléfono, sen forno... pero deunos igual... arranxamos como puidemos e saímos adiante!!!

 

 

APRENDEMOS DE NUTRICIÓN NO COLE CON... NUTRICOLES.

Hoxe mércores 25 de outubro, tivemos unha xornada sobre alimentación saudable con Natalia, unha nutricionista do grupo NUTRICOLES. Deu unha charla moi interesante na que tamén participaron as familias, moi interesadas nas alimentación dos seus fillos e fillas.

Fixemos unhas actividades coas que nos demos conta de moitas cousas como: o etiquetado, a composición dos alimentos, as cantidades de azucre, etc.

Gústanos aprender cousas prácticas que nos fagan levar unha vida saudable e tamén darnos conta e reflexionar para estar sans.

 

 

 

OBRADOIRO DE CASTAÑAS COCIDAS

Hoxe, venres 13 de outubro, fixemos un obradoiro de castañas cocidas, aproveitando as que collemos o pasado venres na saída ao monte Vixiador.

Todas e todos explicamos a importancia das castañas, as súas propiedades e como se fai esta receita tan rica. Despois de cocelas repartímolas entre o alumnado do colexio.

SAÍDA DE INICIO DE CURSO AO MONTE VIXIADOR E ARREDORES. CONVIVENCIA DE TODOS E TODAS.

Este venres 6 de outubro aproveitamos o magnífico tempo que estamos tendo para facer unha saída ao monte Vixiador. Toda a primaria participou animadamente e fixemos un monte de cousas.

O alumnado de infantil tamén fixo a súa primeira aventura e foron explorar... "o campito".

Que ben senta saír do cole e disfrutar da compaña de compañeiros/as e amigos/as do cole.

 

PETISCOS DE CABACIÑO

Hoxe, xoves 5 de outubro, fixemos dous pratos a base de cabaciños que colleitamos na nosa horta. Unha crema de cabaciño e minipizzas.

Quedaron moi ricas e, sobre todo, foi un traballo en equipo no que uns, pelaron os cabaciños, outras pelaron patacas, outr@s desfixeron os ramos de ourego (tamén da nosa horta), relaron o tomate, cortaron o queixo e as profes fedellaron cos robot de cociña e máis co forno para elaborar uns gorentosos pratos que fixeron as delicias dos máis reacios... a proba foi que... Non quedou nada!

 

 

MULLERES NA CIENCIA: AS "NOSAS MULLERES" ACHEGÁRONSE AO COLE PARA FALARNOS DAS SÚAS PROFESIÓNS.

Polo Día da Muller, algunhas das nais e familiares do alumnado achegáronse ata o  cole para falarnos das súas profesións.

COLABORAMOS CON "SAVE THE CHILDREN" NA CARREIRA SOLIDARIA POLO DÍA DA PAZ.

Como cada ano colaboramos cos organización "SAVE THE CHILDREN" facendo unha carreira solidaria cuxa recadación seráselles enviada.

Este ano conseguimos 950€.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet