CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS E A PRESENTACIÓN DO PROXECTO "CEDEIRA A TODA COR"
Ao mal tempo boa cara! Así que non podemos deixarnos quedar. Celebramos "a toda cor" o Día das Bibliotecas e aproveitamos para presentar tamén o noso proxecto deste ano.
Todo está cheo de color e as nenas e nenos dan boa mostra do importantes que son as cores e a música para encarar o curso.
Un bo curso para todos e todas!
CANDO MERCAR O PRIMEIRO MÓBIL
Estimadas familias: Facendo click na imaxe teredes acceso ao documento que nos envía a Asociación Érguete sobre o uso das NNTT. Agardamos que sexa de utilidade.
OBRA DE TEATRO POR VIDEOCONFERENCIA... O QUE INVENTAMOS!
Como remate de curso, a profe Andrea, de audición e linguaxe, xunto co seu alumnado de 5º fixeron unha obra de teatro á que invitaron aos seus compañeiros e compañeiras da clase. A obra estivo fantástica, os actores e actrices tiñan un vestiario moi adecuado para a situación e os decorados foron moi diversos, tanto como as habitacións de cada un/unha deles/as, ja, ja, ja.
O público estivo moi entregado en todo momento, tanto que mesmo tiveron que repetir a obra por petición dos asistentes.
Un gran espectáculo!
Grazas, Andrea! Grazas Silvia, Mateo, Lucía, Xabi, Auri e Ainhoa!
VIDEO CON LEDICIA
Aquí tedes o enlace para acceder ao artigo do Faro de Vigo no que se recolle a videoconferencia que mantivemos con Ledicia Costas, autora do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »