HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO NO ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO.

Onte, luns 10 de xuño e hoxe, recordamos ao escritor e mestre xabier Docampo lendo algúns dos seus libros. 

Na Biblioteca, o alumnado de 6º fixo unha representación do conto: "O home que inventou unha maneira de andar" para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º.

 

O ALUMNADO DE 6º VISITA O IES MENDIÑO

Como cada ano, o alumnado de 6º visitou o IES Mendiño, que é o instituto ao que está adscrito o colexio de Cedeira. Xunto a alumnados de outros dous centros, fomos recibidos por alumnas e alumnos que estaban en 1º da ESO e representaron unha peza lida e dramatizada que resultou gañadora do 3º premio de relatos A Reboraina; participamos na visita ás instalacións do centro, compartimos diversos xogos cos outros colexios e o recreo co alumnado do IES; tamén degustamos unha merenda que nos tiñan preparada. Unha mañá moi entretida. 

PARTICIPAMOS NO FARO DA ESCOLA

O alumnado do colexio participou na xornada de clausura do Faro da Escola na que se deron os premios correspondentes a esta nova edición. Nesta ocasión recibimos o Premio especial á investigación. Cada alumno/a do colexio recibiu un exemplar do xornal que confeccionamos.

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019: ANTONIO FRAGUAS

 

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Antonio Fraguas Fraguas, un home polifacético de Pontevedra que investigou no patrimonio e foi un defensor da lingua galega.

Os cursos traballaron sobre o autor homenaxeado a través dunha "xincana" que elaboramos con probas de busca e de actividade. Pasárono en grande!

Un grupo de alumnos e alumnas gravaron un programa de radio sobre Antonio Fraguas.

Preme no arquivo de audio para escoitar ao alumnado do colexio. 

Mil primaveras máis para a lingua galega! 

 

DÍA DO LIBRO 2019

Conmemoramos o Día do Libro cunha actividade, organizada desde a Biblioteca, na que todos os alumnos e as alumnas, durante a hora de ler, convertéronse en escritores e escritoras de relatos. O tema foi "Eu quixera ser..." e cada curso puxo o seu posto de libros para que todo o alumnado pasase por eles para ler.

Os nenos e nenas levaban cadanseu carné, que os encargados/as do posto ían selando cada vez que os lectores pasaban por eles.

Así, ao final, cada neno e nena recibiu un agasallo na biblioteca por ter participado nesta xornada festiva.

O alumnado de Educación Infantil tamén participou no Día do Libro... mirade con que interese len!

Parabéns a todos e todas por unha xornada tan fermosa! 

   

CHARLA DA POLICÍA SOBRE O USO DE INTERNET

O alumnado de 5º e 6º de EP recibiu unha charla por parte dunha policía que lles falou do uso e o abuso das NNTT. Foron 90 minutos moi interesantes nos que se deron conta de que as novas tecnoloxías e a internet son ferramentas moi útiles pero que requiren dun uso razonable e coidadoso por parte de todos. Hai que manter unha serie de precaucións para evitar situacións de risco e aquí, as familias teñen un papel moi importante. Por iso, o día 14 de maio, ás 18:00 horas, haberá unha nova charla por parte da policía, esta vez destinada a nais e pais, na que agardamos a vosa asistencia.

 


CHARLA DA ASOCIACIÓN "ÉRGUETE"

Este curso o alumnado de 6º recibiu de novo unha charla sobre adiccións e drogodependencias por parte das formadoras da Asociación Érguete que, en colaboración co Concello de Redodnela, vén desenvolvendo esta actividade para os colexio de Redondela.

COLABORACIÓN CON SAVE THE CHILDREN

Aquí temos a comunicación que enviou Save the Children sobre o importe acadado na carreira solidaria que realizamos por mor do Día da Paz.

Agradecemos a todos e a todas  a colaboración con esta causa.




AS MULLERES DA NOSA VIDA

Para conmemorar o Día Internacional da Muller elaboramos un mural coas fotos que as familias aportaron e nas que aparecen as "mulleres máis representativas na vida do alumnado" que son, en todo caso, as que están máis preto deles/as.




Día 8 de marzo: DÍA DA MULLER.

O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller. A reivindicación de igualdade de dereitos das mulleres ten unha tradición centenaria. Con todo, foi en 1975 cando a ONU fixo oficial esta data como o Día Internacional da Muller

 

Pero esta data non é arbitraria, ten que ver con distintos sucesos que se produciron nos séculos XIX e XX.

 

Un deles ocorreu o 8 de marzo de 1857, cando centos de mulleres dunha fábrica de textiles de Nova Iorque manifestáronse co lema "PAN E ROSAS", en contra dos baixos salarios e do traballo infantil. 

Esa xornada rematou coa sanguenta cifra de 120 mulleres mortas pola brutalidade coa que a policía dispersou a marcha. Iso levou a que dous anos despois, as traballadoras fundaran o primeiro sindicato feminino.


Powered by Drupal - Design by artinet