Presentamos o proxecto deste curso... REALIMENTAXE!

Organizamos a presentación do proxecto deste curso que se chama... REALIMENTAXE!

Houbo moita arte neste día: música, cancións, recitados, etc. Todos os cursos participaron co seu gran de area para introducir este tema tan amplo que inclúe a Alimentación e a Reciclaxe.

 

Ruta polo río Xabriña

Iniciamos unha nova xeira, esta vez polo río Xabriña, na que visitamos tamén o Lagar da Cera e observamos o funcionamento dun muíño tradicional.

Foi un día moi intenso no que vivimos experiencias inesquecibles. Aquí tedes unha selección de momentos...

 

SEMANA POLO CLIMA

  

 

Queremos unirnos á iniciativa que propón o colectivo Teachers For Future Spain sumándose á mobilización polo clima prevista dol 20 ao 27 de setembro, cunha proposta de accións que foron concertadas cos colectivos "Madres por el Clima"e "Families For Future BCN". 

Por iso durante esta semana imos realizar varias "microaccións" que nos servirán de reflexión cara ao futuro do planeta.

O futuro do planeta depende de cada un de nós!

LIBROS DE TEXTO 2019/2020: LISTAXES DEFINITIVAS

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

No DOG do día 20 de maio de 2019 pubícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

 

Rematado o prazo de presentación de reclamacións ás listaxes provisionais, publícase as listaxes definitivas.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 3º DE PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 4º DE PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 5º DE PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 6º DE PRIMARIA

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE VALES PARA MERCAR LIBROS DE TEXTO (1º e 2º) E MATERIAL ESCOLAR.

 

Os vales  poderanse recoller no colexio a partir do 2 de setembro.

SUXESTIÓNS LECTORAS VERÁN 2019

Como todos os anos, a biblioteca fai as súas recomendacións para acompañar o tempo de lecer cun libro.

PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE E.I.

Facendo clic no enlace adxunto podedes ver o periodo de adaptación

O ALUMNADO DE 6º PARTICIPA NA FEIRA DE CIENCIA DE REBOREDA COA "PARROQUIA DOMÓTICA"

Este ano recibimos a invitación do Ceip de Reboreda para asistir á II Feira de Ciencia que o centro organiza  e non puidemos dicir que non, así que, preparamos a nosa "Cedeira do-mó-ti-ca"para a viaxe, e alá fomos.

É unha feira moi ben organizada, na que todos e todas, mestres/as, alumnado e familias participan con gran interese e na que se atopan todo tipo de experiencias científicas que fan percibir a realidade desde outra perspectiva. As alumnas e os alumnos participaban na organización e moitos colexios da contorna asistiron para disfrutar dos experimentos.

Foi unha experiencia moi interesante porque puidemos amosar o traballo realizado aos nenos e nenas que se achegaban, así como explicarlles o funcionamento. Tamén nos gustou a sensación de participar como expositores nunha actividade como esta.

Grazas, ceip de Reboreda, por invitarnos e que a Feira siga moito tempo máis.

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL FAI PRÁCTICAS DE PRIMEIROS AUXILIOS CON PROTECCIÓN CIVIL

Esta mañá recibimos a visita de Protección Civil de Redondela para ensinarnos a actuar ante un caso de emerxencia.

Aprendemos o número de teléfono ao que temos que chamar, o que temos que dicirlle á persoa que nos atenda e como reanimar ao enfermo/a mentres non chega a ambulancia.

Tamén veu un grupo de bombeiros que nos explicaron en que consiste o seu traballo, como funciona o camión e as mangueiras.

Pero o que máis nos gustou de todo foi... SUBIR ENRIBA DO CAMIÓN!

HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO NO ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO.

Onte, luns 10 de xuño e hoxe, recordamos ao escritor e mestre xabier Docampo lendo algúns dos seus libros. 

Na Biblioteca, o alumnado de 6º fixo unha representación do conto: "O home que inventou unha maneira de andar" para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º.

 

Powered by Drupal - Design by artinet