O ALUMNADO DE 6º PARTICIPA NA FEIRA DE CIENCIA DE REBOREDA COA "PARROQUIA DOMÓTICA"

Este ano recibimos a invitación do Ceip de Reboreda para asistir á II Feira de Ciencia que o centro organiza  e non puidemos dicir que non, así que, preparamos a nosa "Cedeira do-mó-ti-ca"para a viaxe, e alá fomos.

É unha feira moi ben organizada, na que todos e todas, mestres/as, alumnado e familias participan con gran interese e na que se atopan todo tipo de experiencias científicas que fan percibir a realidade desde outra perspectiva. As alumnas e os alumnos participaban na organización e moitos colexios da contorna asistiron para disfrutar dos experimentos.

Foi unha experiencia moi interesante porque puidemos amosar o traballo realizado aos nenos e nenas que se achegaban, así como explicarlles o funcionamento. Tamén nos gustou a sensación de participar como expositores nunha actividade como esta.

Grazas, ceip de Reboreda, por invitarnos e que a Feira siga moito tempo máis.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet