Os impresos de pago do comedor do mes de xuño para os usuarios con importe poderán pasar a reollerse polo centro a partir do día 5 de xullo.Podedes entregar os xustificantes de pago no cole ata o día 13 de xullo.
O xoves 31 de maio foi unha xornada de festa no colexio. Despedimos o PDI LENDARIO coa visita das familias a un mundo máxico de imaxinación e fantasía. Agradecemos a participación tan positiva de familiares e amigos/as e desexamos que o produto final fose do voso agrado.
Adxuntamos o último menú deste curso escolar 2017-2018 e un cuadernillo de agradecemento. O comedor rematará o mércores 20 de xuño .
Aproveitamos para recordarvos que as clases rematarán o xoves 21 de xuño, con xornada reducida, de 9:30 h a 12:30 h, sen comedor e con transporte habitual. Este día teremos a festa de fin de curso organizada en colaboración coa ANPA do colexio de 10:00h a 12:00h. Esperamos a vosa asistencia para despedir o curso un ano máis.
Hoxe,venres 23 de marzo comezan as vacacións de Semana Santa. Retomaremos as clases o martes día 3 de abril de 2018. Aproveitamos esta ocasión para informarvos dos días non lectivos durante o terceiro trimestre:
Adxuntamos o menú de abril e o cuadernillo que nesta ocasión ten unha lenda de orixe mexicana que nos explica como chegou o millo a un pobo dunha parte de México. Esperamos que disfrutedes e sigades investigando moito sobre as lendas de todas as partes do mundo!
Adxuntamos o menú de fin de mes de marzo que está inspirado na India, pola figura mitolóxica Ganesha.Podesde atopar no cuadernillo de marzo a súa historia. Esperemos que disfrutedes deste menú "Lendario".
Nos seguintes enlaces podedes consultar o menú de marzo e curiosidades sobre a mitoloxía hindú. O menú especial de final demarzo será un plato típico da India.
Este mes traballamos no comedor a mitoloxía asturiana a través da personaxe mitolóxica Nuberu. Por este motivo o menú de hoxe é típico de Asturias. O podeds consultar picando aquí.
Esta semana os nenos e nenas están disfrutando de diferentes activiades no centro. O luns , para 3º e 4º de EP houbo a actividade "sobre rodas" do concello de Carballo nas horas de educación física. Puideron aproveitar un circuito e probar a circular polo mesmo en bicis.